UN PAÍS CEGO E INDIFERENTE

Posted by franciscocastro - 18/03/09 at 09:03 p.m.


Hoxe todos os xornais reproducen, algúns con máis espanto que outros, os resultados do Mapa Sociolingüístico de Galcia presentado onte.
Os datos son definitivos, sobre todo para aqueles que repetiron – e non lles foi mal, seica – que o castelán, en Galicia, corría perigo:
- O galego pasou de ser a lingua inicial do 60 % da poboación a só selo dun 20 %.
- En doce anos duplicouse a porcentaxe de persoas que nunca falan en galego. E do 30.5 % que tiñan o galego como lingua habitual, agora só é o 16 %.
- En cidades como Ferrol a porcentaxe de castelanfalantes é do 85 %.
Hai máis. E todos na mesma liña.
Chegados a este punto só cómpre dicir que, pese ao escandaloso que resulta, fales castelán ou galego, o feito de que unha lingua estea a morrer tan claramente polo propio desleixo dos seus naturais, o certo é que a miña sensación é que a este país, despois de todo, o asunto este, maioritariamente impórtalle un pemento.
Xa que logo é un país cego e indiferente.
E a cegueira – tomada aquí como metáfora – é tratable. Pero a indiferencia e o pasotismo teñen un amaño complicado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

9 ResponsesUN PAÍS CEGO E INDIFERENTE to “”

  1. X says:
    Marzo 18th, 2009 at 10:31 p.m.

    Ao mellor o pasotismo tamén estivo do la#blgtk08#do dos que asistimos tolerantes. Saúdos.

  2. Avelaíña says:
    Marzo 18th, 2009 at 11:50 p.m.

    Un dos puntos fortes da campaña de Feijoó foi crear enfrentamento social co tema do bilingüismo, e iso que#blgtk08# a lingua do poder en Galicia é o castelán. Invítoo a botarlle un vistazo ó Caderno de Bitácora. Un saúdo.

  3. Alfredo Ferreiro says:
    Marzo 19th, 2009 at 12:01 a.m.

    Si, claro, porque as patoloxías s#blgtk08#ociais son as menos recoñecidas.

  4. Eva Lozano says:
    Marzo 19th, 2009 at 12:27 a.m.

    Non tiña nin idea destes datos. Eu pensaba que agora moita xente nova falaba galego, e imaxinaba que cada vez eran máis os q#blgtk08#ue o falaban. Xamais imaxinaría uns datos tan terribles. Espero que a tendencia vaia cambiando, nin que sexa pouco a pouco.

  5. náufrago says:
    Marzo 19th, 2009 at 10:51 a.m.

    Desde logo, X, que levas razón. Avelaíña, xa pasei pola bitácora. Excelen#blgtk08#te. Alfredo: ben a retranca. Eva Lozano: si, as cousas son así de duras.

  6. María says:
    Marzo 19th, 2009 at 12:44 p.m.

    Non entendo nada. Malia as políticas de promoción lingüísitica, a ensinanza do galego na escola, a difusión da lingua na administración pública, na radio e na televisión galega. Despois de tódolos esforzos e cartos gastados #blgtk08#para promocionar a nosa língua, conseguimos que cada vez menos xente queira falar galego (máis ainda , moitos dos que antes o falaban xa non o empregan de xeito habitual). Obviamente é un tema de motivación. Reflexionemos.

  7. náufrago says:
    Marzo 19th, 2009 at 2:11 p.m.

    E tanto que hai que reflexionar. Porque a situación é tráxica, por ela en si mesma e p#blgtk08#orque, insisto, para a meirande parte dos galegos estes datos non son ningún problema.

  8. An says:
    Marzo 20th, 2009 at 3:48 p.m.

    Estou dacordo contigo,pero por moito que eu intente que meus fillos ou quen me rodea fale galego se non teño unha estructura forte (lease medios de comunicación,educación,arte etc#blgtk08#) que apolle o que eu fago, os rapaces, o chegar a rúa van falar castelan e ter derto desleixo polo que aprenden na casa.Agardemos que por arte de maxia a cousa se troque…Saúdos

  9. náufrago says:
    Marzo 20th, 2009 at 9:12 p.m.

    A maxia vai axudarnos pouco. Máis ben, como suxires, terían que s#blgtk08#er todos eses elementos sociais quen nos botase unha man. Saúdos.