Archive for Marzo, 2009

O MACHISMO NA CULTURA

29th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en O MACHISMO NA CULTURA

Ese é o título do meu artigo deste mes en A Nosa Terra. Pódelo ler enteiro aquí.

UNHA NOITE CON LES LUTHIERS

27th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en UNHA NOITE CON LES LUTHIERS

Levaba máis de vinte anos tentando velos. Noutros tempos había que facer incluso noite na taquilla sen garantía de conseguir entrada. Agora, grazas ao teléfono, puiden collelas hai meses. Onte, en Vigo, puiden por fin ver a Les Luthiers. Dúas horas rindo. Dúas horas gozando dun humor intelixente. E, sobre todo, dúas horas envexando o […]

PARA QUE LOGO DIGAN

25th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en PARA QUE LOGO DIGAN

Xa algunha vez comentei que os escritores de verdade, polo xeral, teñen unha vida que non se corresponde para nada coa que de boas a primeira moita xente imaxina que é a vida dun escritor. Queda bonito o malditismo. Queda bonito que nos imaxinen nunha torre moi alta escribindo as nosas novelas, apartados do mundo, […]

HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 3

24th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 3

Esta mañá tiven un ataque de luz. Probablemente era a primavera, que entraba en toda a súa insolencia polos meus ollos aínda durmidos. Aínda que máis probablemente era a canción que soaba na radio. Me asomo a la ventana, eres la chica de ayer. O semáforo púxose en vermello. Tres carrís cortados polas obras eternas […]

APRENDER MÁIS QUE NOS LIBROS DE TEXTO

22nd Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en APRENDER MÁIS QUE NOS LIBROS DE TEXTO

Durante a ponte, meu fillo máis grande coseume a preguntas relacionadas co libro que estaba a ler e que lle recomendaron ( xa que logo, unha lectura voluntaria non obrigatoria ) no instituto. De cada vez que algo non lle estaba moi claro, preguntaba. E eu, encantado da vida, respondía. Eu tamén, claro, co meu […]

HAI 40 ANOS. A VODA. A CANCIÓN. A NOSTALXIA.

20th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en HAI 40 ANOS. A VODA. A CANCIÓN. A NOSTALXIA.

Xa recoñecín moitas veces que son un nostálixo algo parveirón, porque teño nostalxia dunha época que non vivín pero que gustaría de ter vivido, e que teño tan estudada, tan lida, tan escoitada, que parece como que si que a vivín. Aínda que si, en fin, si, en sentido estricto si, mais era un bebé, […]

SEGREGACIÓN E RACISMO

19th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en SEGREGACIÓN E RACISMO

Hoxe toda a prensa galega faise eco do aviso que dá Galicia Bilingüe a Feijoo para que “cumpla con su palabra de derogar el decreto del gallego”. Avisan de que “fiscalizarán” ao goberno sobre este asunto. Vale. Están no seu dereito. Despois de todo, é o que lles prometeron e, xa que logo, é normal […]

UN PAÍS CEGO E INDIFERENTE

18th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en UN PAÍS CEGO E INDIFERENTE

Hoxe todos os xornais reproducen, algúns con máis espanto que outros, os resultados do Mapa Sociolingüístico de Galcia presentado onte. Os datos son definitivos, sobre todo para aqueles que repetiron – e non lles foi mal, seica – que o castelán, en Galicia, corría perigo: – O galego pasou de ser a lingua inicial do […]

PREFIRO OS MALOS

17th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en PREFIRO OS MALOS

Na revista Exit deste trimestre, a editora e escritora Rosa Olivares escribe un lúcido artigo titulado Cuéntame un cuento. No seu traballo fai interesantes reflexións arredor da literatura infantil e o seu papel á hora de explicarlle o mundo aos cativos e cativas e como creadores de prototipos morais. Agrádame moito como comeza: Nos hemos […]

E ADEMAIS NON SEI PINTAR

16th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en E ADEMAIS NON SEI PINTAR

Vén de saír publicado un libro de Donald Friedman titulado Y además saben pintar ( Maeva ), un volume, fermoso, no que se nos fala de como grandes autores e autoras foron, ademais, grandes debuxantes ou pintores. Así Poe, Bukowski, Proust, Carroll, Stevenson, Andersen, Kafka, Mark Twain, Apollinaire ou William Blake, entre outros, resulta que […]