¿CAL É O TEU PERSONAXE PREFERIDO E POR QUE?

Posted by franciscocastro - 26/02/09 at 09:02 p.m.


Os amables lectores e lectoras deste blog saben que, de cando en vez, gosto de facer preguntas. Polo xeral, a participación, e a calidade da mesma, déixanme abraiado.
Vamos coa pregunta.
Hai xa máis de dous anos – xa choveu – pregunteivos cal, de ser un personaxe de ficción, seriades. As respostas foron fabulosas e están todas aquí.
A cuestión é parecida pero algo diferente: ¿cal é o teu personaxe preferido da literatura e por que?
O xogo comeza xa.
( Eu, está claro, quedo co náufrago, é dicir, Robinson Crusoe )

Os comentarios están pechados.