¿PERO QUE TEN A NOVELA POLICIAL?

Posted by franciscocastro - 23/02/09 at 08:02 p.m.


José Antonio Labordeta, a quen descobrín saíndo da adolescencia, nun estrañísimo concerto en Vigo, co gallo dun sorteo da ONCE, agora que se retirou da política meteuse a escribir unha novela policial.
A cousa é curiosa, porque é moita, moita xente, a que cando se mete a escritor ( aínda que Labordeta xa escribiu moita poesía, e non só música ou o seu libro, recente, de memorias ) o que lle apetece é escribir un libro de detectives.
A cousa, insisto, pasa en moitas ocasións. Igual ten que ver o feito de que os lectores deste xénero son os máis fieis lectores que eu coñezo. E iso a pesar de que practicamente todas seguen o mesmo esquema.
Daquela, pregunto: ¿pero que é o que ten a novela policial?

Os comentarios están pechados.