AMOR E HUMOR

Posted by franciscocastro - 20/02/09 at 09:02 p.m.


Coido que o erotismo, que se move sempre nos eidos da sutileza, deixando adiviñar pero sen mostrar de todo, animando a descobrir pero sen desvear, é un dos máis sans exercicios dos moitos que creou a intelixencia humana para ser feliz. É un xogo. Un xogo lúcido, ademais. Por iso considero que debe de ir sempre da man do humor. O amor e o humor. Que soa parecido, ademais. O humor e o amor. Rodeados de carne e desexo.
Eu publiquei hai tempo un libro só de relatos eróticos e ese asunto saíme durante anos en moito do que escribía aínda que, enXeración Perdida, Spam e As palabras da néboa, o asunto amoroso non estaba para nada presente, nin o erótico nin nada que se lle parecese.
Agora veño de rematar, estes días, a segunda versión dunha novela na que ando mergullado desde hai dous anos.
E o erotismo volve. Coma o humor. E o amor.
E a sensación ( que ben lle acae agora este termo a isto que escribo agora ) é moi agradable.
Amor e humor.
Quizais por iso gosto tanto desta obra de David Lachapelle que ten, precisamente, as dúas cousas.

Os comentarios están pechados.