BENDITO EGO

Posted by franciscocastro - 17/02/09 at 10:02 p.m.


Un dos tópicos máis coñecidos e probablemente reais é ese que di que os escritores son seres cun ego descomunal.
É obviamente certo.
Porque se non o tiveramos, non publicariamos nada, non pensariamos xamais que o que facemos é digno de ser compartido.
Si. Os artistas, todos, teñen un ego esaxeradamente grande. Por iso, tamén, moitas veces son unha manda de repelentes.
E porque cren en si mesmos, saen, ás veces, obras boísimas.
E por iso, tamén, por falla de autocrítica, saen ás veces obras pésimas.

Os comentarios están pechados.