PORTADA MAXISTRAL

Posted by franciscocastro - 16/02/09 at 10:02 p.m.


Polo xeral, as portadas dos xornais adoitan ser, a cada día que pasa, máis espectaculares e menos xornalísticas, insistindo sobre todo na excitación do morbo para captar a atención dos lectores menos esixentes.
Por iso é de celebrar o acerto da portada desta semana de A Nosa Terra, que non só informa senón que, ademais, fai que reflexionemos.
Por se non a ledes ben, transcribo:
TITULAR: … e a Feixóo aínda lle parece moito.
– Na universidade da Coruña só empregan o galego o 10 % dos profesores.
– Ningunha universidade acada máis do 20 % do ensino en galego e algunhas carreiras exclúeno ao 100 %
– O profesorado de infantil utiliza só o castelán no 86.7% dos casos.
– O galego ocupa o 9 % dos medios de comunicación escritos.
– Só un dos sete canais de televisión xeneralista está en galego.
– Só o 8 % das actuacións xudiciais, orais ou escritas é en galego.
– A oferta editorial en galego nas librarías non supera o 15 %
– O galego non pasa do 1% na documentación dos corpos de seguridade do Estado.
– O galego non pasa do 1% nas estreas de cine das salas comerciais, nos DVD ou nos videoxogos.

Ata aí a portada. Agora a reflexión: ¿está xustificada esa idea de que o castelán corre perigo en Galicia?

Os comentarios están pechados.