UNHA PREGUNTA DIFÍCIL
Posted by franciscocastro - 14/02/09 at 10:02 p.m.
Se na manifestación de Galicia Bilingüe só eran 2500, é dicir, case que nada nun país de catro millóns coma o noso; se son en realidade moi poucos afiliados; se, en definitiva, son tan pequerrechiños… ¿alguén pode explicarme por que os medios de comunicación galegos lles dán tantas entrevistas, tanto espazo en primeira plana, por que falan e falan e falan tanto do «conflito lingüístico»?
Conflito que, é obvio, é inventado.
¿Polos medios?
Non foi unha soa pregunta. Foron dúas.


Febreiro 14th, 2009 at 11:03 p.m.
Digo o mesmo que veño comentando pola rede nesta semana. As manifestacións unitarias do independentismo sempre foron moito maiores que a#blgtk08# destes pobriños. Pregúntome onde hai que cubrir os impresos para que che dean toda esa atención e victimización, mesmo a nivel estatal.
Febreiro 15th, 2009 at 2:32 a.m.
Trátase dun simple erro de estratexia de determinados sectores ideolóxicos que carecen de experiencia, formación e líderes a altura do que pretenden.
Dito en plata, a algúns grupiños independentistas poslles un fío a 200 metros e embisten como si lles fora a vida nelo.
Como as reaccións típicas destes grupos non estan ben vi#blgtk08#stas, os medios buscan ou inventan a balcanización, batasunización, etc. e os partidos da dereita tentan unha vez máis ligar nacionalismo a terrorismo e violencia.
Resultado, GB ten miles de minutos de prensa, tv e radio e en España cren que todo é certo precisamente porque o di a tv.
Non sei si me explico…
Febreiro 15th, 2009 at 12:30 p.m.
Pois moito me temo que os intereses e «cultura» dos medios coinciden en gran medida cos intereses e «cultura» da porcentaxe de poboación que apoia máis abertamente ao castelán como única língua de Galiza. E a partires deste núcleo espállase a información sobre o «conflicto lingüistico» dentro dunhas cordenadas ben de#blgtk08#finidas e interesadas, repetíndose os seus contidos contínuamente… e dicir, conformando opinión.
E menos mal que, aínda que poucos, están «internet» e algún outro medio que, no que se refire a este conflicto en particular, ten unha visión máis proporcionada…
Febreiro 15th, 2009 at 1:48 p.m.
Coido, coma O Peto Lareto, que de todo isto depende moito o que se entende por «politicamente correcto» na nosa terra, seguramente por tantas décadas de franquismo seguido de fraguismo. O que acontece en Euskadi, visto por documentais estranxeiros, non ten nada que ver co que vemos nos telediarios estatais. Por aí fóra alucinan co tratamento que se lles dá aos nacionalistas (non falo do terrorismo, que sempre será condenable para todos). En Catalunya, despo#blgtk08#is de tantos anos de goberno da dereita, a situación do catalán é ben diferente, ¿por que? Porque aquí é compatible ser de dereitas (Convergencia… Unió…) con ser nacionalistas. En Galicia semella incompatible, pero ademais está o problema das mentalidades de esquerdas que pola mala situación do galego pensan que é un bo momento para acabar de aniquilalo e así facernos máis europeos falando castelán e, por exemplo, inglés, que ten máis saídas. Terrible.
Febreiro 15th, 2009 at 6:24 p.m.
Hola Francisco e amigos bloqueiros:
Os medios de comunicación ,a maioria, defenden os mesmos interese que os protoganizadores da manifestación.Dariame cun canto dun dente si foran autenticamente bilinguistas,e dicir,por exemplo do que «vexo» a cotián:Suso de Toro,Manuel Rivas e moitos mais falan, escriben en Galego e no periodicos da Capital do Estado en Castelan#blgtk08#..¿fan iso «os bilinguistas da manifestación de Santiago?¿E iso realmente o que desxan?.non, o que queren e un monolonguismo español.
A prensa galega ,a maioria e especialmente a Voz de Galicia(que deberia ser un xornal vanguardista) dan unha verdaeira magoan que sexan como son.A carta do director do dito xornal e patetica e indigna.
apertas agarimosas.
Febreiro 15th, 2009 at 6:52 p.m.
Se este tipo de comentarios tranquiliza ao persoal, benvidos sexan sempre. Pero creo que erramos o tiro se nos deixamos levar polo número de xente que estivo na QUintana de mortos ou outro día. Hai moita máis xente, que nunca vai a manifestacións de#blgtk08#ste tipo ou doutro, e que pensa (e actúa, ollo) da mesma maneira.
Eu, desde logo, non despreciaría nin un só minuto a esta xente. Os xornais inventan, si. Pero os lectores tamén compran os xornais que inventan o que eles mesmos queren ler.
Febreiro 15th, 2009 at 9:27 p.m.
En calquera caso, non esquezamos que, #blgtk08#o que sae na prensa, crea realidade…
Febreiro 16th, 2009 at 12:21 p.m.
Eu coido que o problema é o seguinte, a meirande parte dos medios poden estar en mans de esa xenta ou ben, un faise eco e os outros a onde vas Vicente…e logo as cousas son coma unha bola de neve, cando máis voltas se lle da máis se lea a madexa…e #blgtk08#así nos vai, meu abo pensando que vai estoupar outra guerra civil, e alguen moi directo a min chamandome fascista por mor de decir que se tivese un fillo gustaríame que falase galego…fascista…eu…por deus si o que é do pp é el…cousas veredes :/
Febreiro 16th, 2009 at 12:25 p.m.
Esperemos non che#blgtk08#gar tan lonxe…
Febreiro 17th, 2009 at 3:48 p.m.
Aquí non hai máis conflicto linguístico co que eles inve#blgtk08#ntan, cos medios sempre, inexplicablemente, da súa parte
Febreiro 17th, 2009 at 6:02 p.m.
E a forza de repetilo, te#blgtk08#rmina parecendo verdade.