UN POBO DOADO DE ENGANAR
Posted by franciscocastro - 06/02/09 at 10:02 p.m.
Frase de Benicio del Toro/Che Guevara na película Che, el argentino, mentres arenga aos seus homes:
Un pueblo que no sabe leer ni escribir es un pueblo fácil de engañar.
Por iso os políticos, polo xeral – hai excepcións, como di o tópico, honrosas – non teñen moito interese en fomentar a lectura.



Febreiro 7th, 2009 at 1:15 a.m.
Ola Francisco e amigos bloqueiros:
Completamente de acordo coa frase do Ché e coa tu reflexión do post.E o#blgtk08#s politico ,tampouco queren xente preparada ao seu lado,por medo a quedar desbancados.
Apertas agarimosas.
Febreiro 7th, 2009 at 3:48 p.m.
É certa a reflexión.
A lectura ten un efecto secundario que o poder político non pode aturar: a capacidade crítica. A palabra é o motor do pensamento e a lectura activa, pola súa propia natureza e condición , ese proceso. E ese é o seu gran inconveniente.
É curioso ver como, malia que ás v#blgtk08#eces poida parecer o contrario, o maior perigo para o orden establecido provén de actos aparentemente inofensivos.Seguro que nos nosos asentamentos prehistóricos non había individuo máis subversivo que aquel estraño suxeito que pasaba as tardes gravando espirais e círculos concéntricos nas pedras.
Febreiro 7th, 2009 at 9:09 p.m.
Dacordo coa cita. Un pobo culto é moi difícil de enganar. E os libros, coa reflexión que procuran, son o maior instrumento de adquisición de cultura, sen dúbida. E é por iso que non sorprende que, desde os «media», sexa a propaganda com#blgtk08#ercial e os debates de «telebasura» os que conformen a opinión de moitos cidadáns. Porque outra cousa sería perigoso para os «donos» da sociedade. E porque o fomento verdadeiro da lectura podería albergar a semente de cambios «non procedentes».
Febreiro 7th, 2009 at 9:13 p.m.
Totalmente de acordo con todos: ¡imaxinade o m#blgtk08#edo que había darlles ver as librerías cheas!