UNHA PREGUNTA: ¿QUE ESTARÁS FACENDO DENTRO DE DEZ ANOS?
Posted by franciscocastro - 02/02/09 at 10:02 p.m.
Este meu blog leva un tempo moi centrado na política.
Vai sendo tempo de cambiar.
E como hoxe teño o día en verdade parvo e melancólico e un chisco disparatado, fágovos unha pregunta, das difíciles.
No fondo, xa me coñecedes, é un xogo.
Responde. Cóntame. Dime.
¿Que pensas que estarás facendo dentro de dez anos?
Comezo eu: dentro de dez anos, un 2 de febreiro de 2019, estarei actualizando o meu blog e preguntándome cantos dos meus soños, dez anos atrás, fun quen de conseguir.


Febreiro 2nd, 2009 at 10:48 p.m.
Non o sei, pero se se puidese escoller, gustaríame estar rematando o traballo, coma hoxe, e a piques #blgtk08#de sair para miña casa para xogar co meu fillo (se cadra, daquela sexan mais de un).
Apertas!
Febreiro 3rd, 2009 at 12:09 a.m.
Ola Francisco e amigos bloqueiros:
Cando pasen 10 anos terei 73 anos,eu seguir acompañado da miña dona seguir tendo a curiosidad por as cousas humáns ,culturais,dxeando aprender ata o último suspiro#blgtk08# e unha cousa que me faria moita iluión que o meu neto a esas alturas con 12 anos fora un galego e Universal humánamente e culturalmente formado…..!Francisco,carallo pa o xogo!
Boas noites a todos
Febreiro 3rd, 2009 at 8:15 a.m.
Quen sabe? Pode que sigamos aquí, principiando as mañás cunha visita polo blogomillo. Quizabes viva nunha illa do Mediterráneo, consagrado a escr#blgtk08#ibir novelas decadentes. Ou talvez repouse para sempre no camposanto de Penosiños. Non me parece mal ningunha das tres opcións. Un saúdo matinal.
Febreiro 3rd, 2009 at 1:33 p.m.
Eu quería conectarme a este blog o 3-02-2019 (supoño que xa estilo Minority report) mentres dou esa volta ao mundo que teño pendente, e ser testemuña de que non fai falta pasaporte para ir a ningún lugar, e que non hai ningún lugar no planeta ao que un teña que pensalo dúas veces antes de ir.< #blgtk08#br />
Serei unha viaxeira con reuma e código de barras debaixo do nariz, peeeroooo, agardo que un chisco inconsciente aínda.
Anoto na axenda os parabéns que teño que enviar por eses soños cumplidos, iso xa é algo seguro que teño que facer dentro de 10 anos. Sen dúbida.
Febreiro 3rd, 2009 at 4:25 p.m.
Pois estarei a celebrar o 20 aniversario da miña neta Eviña, e tentarei estar cos ollos ben abertos para #blgtk08#non deixar de ver cada cousa nova e cada cousa vella. Se cadra poderei ir no AVE ao aniversario de Eviña.
Febreiro 3rd, 2009 at 7:59 p.m.
Dentro de dez anos, estarei de cumpreanos. Tamén revisando cousas, afectos, tendo conta de persoas importantes que se quedaron e facendo listados de xente nova ou recén chegada a miña vida.
Dentro de dez anos, estarei fachendosa ó ver o meu fillo convertido en home#blgtk08#, en boa persoa, e ser quén de velo feliz. E agardo ollarme a min mesma entre verbas e papeis. Traballarei para atopar, dentro de ese tempo, a mañeira de non arrepentirme do feito durante ese tempo…
Espero conseguilo.
Un saudiño…náufrago!
Febreiro 3rd, 2009 at 8:03 p.m.
Agardo que dentro de dez anos teña
as mesmas ganas que teñ#blgtk08#o hoxe de escribir e participar destas conversas,
xa non pido máis.
Febreiro 3rd, 2009 at 9:05 p.m.
Dentro de dez anos estarei celebrando o 20 aniversario da miña filla Eviña, despois #blgtk08#de recoller na estación do AVE á miña nai, que virá de Galicia a celebralo con nós.
Febreiro 3rd, 2009 at 9:13 p.m.
E eu estarei a#blgtk08#quí, léndovos.
Febreiro 3rd, 2009 at 9:56 p.m.
Eu como siga deste xeito penso que pedindo na rúa, hehehehe, non en serio#blgtk08#,non che sei, o que si sei e que terei un lapis na man. Saúdos e apertas
Febreiro 3rd, 2009 at 10:50 p.m.
Eu inda non me vexo, pero espero que sexa traballando como axudante de forense.
É difícil saber algo con cert#blgtk08#eza nun periodo tan longo; o único que teño claro, é, que miña nai pra esas, non terá lido Xeración perdida. jajaja
Febreiro 4th, 2009 at 12:52 a.m.
Se é certo o que di o calendario Maya no ano 2012 seremos todos vermes.
Pero se de verdade continúa á vida, penso que estaremos acostumados a tomar cafés con alieníxenas que veñan a visitarnos.
E se non penso que sen fin do mundo e sen alieníxenas, dentro de dez anos estaréi sentado nun sofá maxaseador cuns cascos de realidade virtual que mediante o pensamento me permiten conectarme á rede e visitar A Canción do Naufrago XII. Seréi un escritor mediático que c#blgtk08#o pensamento na miña máquina de escribir virtual, escribiréi belas historias. Que tal vez vós, poderédes leer a través doutros cascos de realidade virtual controloados polo voso pensamento.
Pero to isto se hay enerxía, se non se acaba a reserva, a as nación non crean enerxías alternativas. Pois se non é así, todos con veas, de volta ás cavernas.
E remato, que si agora a crise afoga, que será de nós, dentor de dez anos.
Encántoume o post. Saúdos
Febreiro 4th, 2009 at 9:00 a.m.
Algúns moi optimistas, outros máis lúgubres, #blgtk08#case que todos retranqueiros. Unha marabilla.
Febreiro 4th, 2009 at 7:49 p.m.
Pois dentro de 10 anos, se todo vai ben… espero estar vivindo polos Londres ou polas Californias, buscando a vida como músico. E se todo sae incriblemente ben, tendo a vida medio arranxada como músico tamen polos Londres ou polas Californias… a ver que é o que pasa. Inda que sei que a vida de musico é moi moi dura e inestable, considérome is#blgtk08#o de profesión, asi que a miña vida será seguramente dura e inestable. Pero, como sempre dixen, a música é unha «fulana», en canto a que pode ser unha perdicion, pero en canto enamoras dela… non te solta nin de broma.
MMMMmmmmm unha axudante de forense vin por ahi… que morbo
jaja.
Vemonos!
Liberdade!
Febreiro 4th, 2009 at 8:30 p.m.
Hai dez anos chovía a morrer, púxenme a rir lembrando marabillosas tardes con Fran e outros amigos nos talleres literarios.
Lembro que levaba posto un pantalón de pana gris, zap#blgtk08#atos de goma, xersei granate. Gozaba de boa saúde e soñaba con un mundo mellor e con poder chegar aos 65 disfrutando do pracer de ler e escribir: vamos, como cando cumplín os dez anos!
Febreiro 4th, 2009 at 9:25 p.m.
Que dúas propostas máis disti#blgtk08#ntas e que fermosas as dúas.
Febreiro 4th, 2009 at 9:51 p.m.
In the year 2019 we will be talking in english. Pero haberá un recuncho de naufragos onde lembraremos a lingua na#blgtk08#i,funxindo do «Ollo do Gran Irman» ¿Ou non? ¡Que carallo! ¡Saude eterna! E con resaca do San Brais, que foi onte.
Febreiro 5th, 2009 at 8:48 a.m.
I think that debes descansar. É o único xeito de recup#blgtk08#erarse dunha romaría tan inmensa como a do San Brais.