Archive for Febreiro, 2009

A VERDADEIRA CRISE

28th Febreiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en A VERDADEIRA CRISE

Ese é o título do meu artigo este mes en A Nosa Terra. Pódelo ler aquí. Lédeo, opinade. Reflexionade, que mañá é un día importante. E lembrade que temos un asunto aberto.

¿CAL É O TEU PERSONAXE PREFERIDO E POR QUE?

26th Febreiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿CAL É O TEU PERSONAXE PREFERIDO E POR QUE?

Os amables lectores e lectoras deste blog saben que, de cando en vez, gosto de facer preguntas. Polo xeral, a participación, e a calidade da mesma, déixanme abraiado. Vamos coa pregunta. Hai xa máis de dous anos – xa choveu – pregunteivos cal, de ser un personaxe de ficción, seriades. As respostas foron fabulosas e […]

NA MAÑÁ DOS TEUS BEIZOS

24th Febreiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en NA MAÑÁ DOS TEUS BEIZOS

Como hoxe teño o día así, así ( é dicir, bonito ), e como non teño medida do pudor, e como algunha vez ten que ser a primeira, colgo aquí un poema que escribín pensando na miña filla de once meses. Leva incluso unha verba inventada. Ademais, este é un poema que nunca estará nun […]

¿PERO QUE TEN A NOVELA POLICIAL?

23rd Febreiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿PERO QUE TEN A NOVELA POLICIAL?

José Antonio Labordeta, a quen descobrín saíndo da adolescencia, nun estrañísimo concerto en Vigo, co gallo dun sorteo da ONCE, agora que se retirou da política meteuse a escribir unha novela policial. A cousa é curiosa, porque é moita, moita xente, a que cando se mete a escritor ( aínda que Labordeta xa escribiu moita […]

FACER DA CULTURA GALEGA UNHA MARCA

22nd Febreiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en FACER DA CULTURA GALEGA UNHA MARCA

Nunha interesante entrevista no Xornal de hoxe o expresidente da Xunta de Galicia Fernando González Laxe comenta que as dúas únicas marcas galegas que se coñecen fóra son INDITEX e o Dépor. Co primeiro exemplo pode ser que si. O segundo xa é máis relativo. Mais o que importa é que sinala que outras marcas […]

ESE CHICO QUE HABLA GALLEGO

21st Febreiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ESE CHICO QUE HABLA GALLEGO

Este serán pasoume algo que demostra á perfección o estado de anormalidade no que vivimos nesta Galicia nosa. Chamei a unha tenda para informar de que un produto que mercara estaba defectuoso. Preguntei pola dependenta, á que coñezo de hai moitos anos. Atendeume outra rapaza que me dixo que non podía poñerse, que estaba atendendo […]

AMOR E HUMOR

20th Febreiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en AMOR E HUMOR

Coido que o erotismo, que se move sempre nos eidos da sutileza, deixando adiviñar pero sen mostrar de todo, animando a descobrir pero sen desvear, é un dos máis sans exercicios dos moitos que creou a intelixencia humana para ser feliz. É un xogo. Un xogo lúcido, ademais. Por iso considero que debe de ir […]

O PP, SE GOBERNA, PECHARÁ TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS RELIXIOSOS

19th Febreiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en O PP, SE GOBERNA, PECHARÁ TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS RELIXIOSOS

O escandaloso titular deste artigo ten a súa xustificación. Antonte, indo eu no coche cara o traballo, a media mañá escoito na COPE ( xa ven… ) unha entrevista co número 5 das listas do PP por Pontevedra, Ignacio López Chaves. Vanlle preguntando sobre distintos asuntos: o tren de alta velocidade, a área metropolitana, a […]

BENDITO EGO

17th Febreiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en BENDITO EGO

Un dos tópicos máis coñecidos e probablemente reais é ese que di que os escritores son seres cun ego descomunal. É obviamente certo. Porque se non o tiveramos, non publicariamos nada, non pensariamos xamais que o que facemos é digno de ser compartido. Si. Os artistas, todos, teñen un ego esaxeradamente grande. Por iso, tamén, […]

PORTADA MAXISTRAL

16th Febreiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en PORTADA MAXISTRAL

Polo xeral, as portadas dos xornais adoitan ser, a cada día que pasa, máis espectaculares e menos xornalísticas, insistindo sobre todo na excitación do morbo para captar a atención dos lectores menos esixentes. Por iso é de celebrar o acerto da portada desta semana de A Nosa Terra, que non só informa senón que, ademais, […]