Archive for Xaneiro, 2009

A GRAN LITERATURA

13th Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en A GRAN LITERATURA

Borges dicía que había un xeito de saber cando estabamos diante dun texto de Gran Literatura. El falaba “da inminencia dunha revelación que non se produce”. Hoxe proclamo o meu acordo con esta visión. E que poucas veces atopo iso nun libro, a sensación de que o autor ou autora está a levarme a outro […]

UNHA BOA NOVA PARA A CULTURA MUNDIAL

11th Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en UNHA BOA NOVA PARA A CULTURA MUNDIAL

Sabía do rumor. Pero non o daba por certo. Algo tan fantástico non podía ser verdade. Neste intre de conflictos globalizados, de paro xeralizado, de crise universal, de medo total, que algo así puidera darse na realidade provocábame orgasmos, intelectuais, por suposto, de cada vez que o pensaba. Agora, seica está confirmado: unha vez que […]

TODOS SOMOS

10th Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en TODOS SOMOS

Chego da menifestación. O berro é: Todos somos palestinos. É certo, todos somos palestinos. Mais cómpre aclarar. Ver máis lonxe. Enfocar mellor. Todos somos palestinos, pero tamén do Iraq, e de Afganistán, e do Congo, e de Irán e de Somalia e de Etiopía e de Sri Lanka, e de Laos e de tantas partes, […]

PORQUE NON PODE SER

9th Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en PORQUE NON PODE SER

Mañá, como tanta xente, irei manifestarme pola paz en Palestina, porque non pode ser que os tanques disparen aos nenos, porque non pode ser que as bombas caian sempre sobre os mesmos, porque non pode ser que morra unha e outra vez a mesma señora, o mesmo vello, os mesmos noivos, os mesmos pais, as […]

COHERENCIA

8th Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en COHERENCIA

Ese é o título que lle dei a un relatiño que vén de ver a luz nunha publicación do Consello da Xuventude de Galicia. O PDF de todo o libro podédelo descargar aquí. Se tendes ganas, ide pasando as páxinas ata chegar ao meu relato que titulei, Coherencia. Esa que ten a mocidade. E incluso […]

O PAU DE CRICKET E O POEMA DE AMOR

7th Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en O PAU DE CRICKET E O POEMA DE AMOR

Manuel Xestoso asina un interesante traballo en A Nosa Terra arredor de Harold Pinter, o premio Nobel do 2005 que finou hai pouco. Léndoo, a un éntranlle ganas de crer no destino aínda sabendo, como sei, que o destino non existe. Dinos o autor do traballo que, en plena segunda guerra mundial, uns bombardeiros destruíron […]

¿QUEN ME RESPONDE?

6th Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿QUEN ME RESPONDE?

Unha preguntiña: ¿como é posible que os e as estudantes pasen unha morea de anos estudando, é dicir, escolarizados, é dicir, dentro do sistema educativo, é dicir, dentro dun traballo supostamente intelectual e formativo e tal e, sen embargo, ao saíren, non teñan, en xeral, a meirande parte deles, a gran maioría, inquedanzas culturais e, […]

MITOMANÍA

4th Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en MITOMANÍA

Eramos poucos… Por algo que non son moi ben capaz de comprender, existe unha especie de fenómeno, entre algunha xente famosa a, cando xa tocaron o cumio máis altísimo e altérrimo das súas carreiras, meterse a literatos. Gustaríame pensar que o fan porque, no fondo, son escritores frustrados. Pero non creo. Tal vai facer Ron […]

PREGUNTAS QUE NON SON HABITUAIS AQUÍ

3rd Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en PREGUNTAS QUE NON SON HABITUAIS AQUÍ

A compañía onde teño asegurado o coche envíame cada certo tempo unha revista, en teoría, de asuntos de interese xeral pero, en realidade, cheíña de reportaxes sobre a vellez en plan irme convencendo de que mellor que subscriba xa un plan de xubilación con eles, non vaia ser. Non lles fago nin caso, por suposto. […]

NOVAS QUE NUNCA DARÁ O TELEXORNAL

2nd Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en NOVAS QUE NUNCA DARÁ O TELEXORNAL

Os representantes políticos, coa súa maxestade á cabeza, amosaron hoxe a súa fonda preocupación porque desde hai aproximadamente unha semana están a aparecer, ao primeiro soltos, pero desde hai dous días, formando pequenos grupos, xentes de todo tipo, condición e idades que paran na rúa para ler libros. Neste instante, os sociólogos contratados pola ONU […]