MARIMANTEANDO

Posted by franciscocastro - 24/01/09 at 10:01 p.m.


Hoxe rematei un Obradoiro Literario que durou dous sábados en Betanzos, organizado por esa xente entusiasta de Marimanta, todo un exemplo de como facer cultura desde o pé: entusiasmando aos pequechos ofrecéndolles traballar coa banda deseñada, coa literatura, promovendo clubs de lectura, exposicións…
Foron dous sábados nos que tiven a ocasión de pecharme con pequenos e pequenas dun enorme talento aos que lles fixen propostas moi arriscadas e que conseguiron, sempre, sempre, sorprenderme cos resultados.
Grazas, marimantos e marimantas.

Os comentarios están pechados.