AMA OS LIBROS POR ENRIBA DE TODAS AS COUSAS

Posted by franciscocastro - 22/01/09 at 10:01 p.m.


Levamos xa un par de días falando do mesmo asunto.
Que lemos por pracer.
Que a lectura é unha droga da que non queremos desengancharnos.
Sen embargo, a idea é moi vella.
Nun libro ben antergo, Sátira dos oficios, datado no Imperio Medio ( 2040 – 1786 a. C ), un texto exipcio, lemos este fragmento ben curioso. Un pai fálalle ao seu fillo explicándolle por que debe ser escriba, e faino con estas palabras:
¡Aplícate aos libros! Mira, nada hai mellor que os libros. Vou facer que ames os escritos máis ca á túa nai, vou presentar as súas bondades ante ti.
A ver, non é para tanto: máis que a nai…
O que si que está claro, é que este amor común vén de moi lonxe. De moito.

Os comentarios están pechados.