UNHA DROGA DA QUE NON QUEREMOS DESENGANCHARNOS

Posted by franciscocastro - 21/01/09 at 09:01 p.m.


Ao fío da reflexión de onte, atopo estas declaracións da actriz, agora tan de moda, Rosario Dawson ( a da foto ):
Veño de comezar a ler os libros de Crepúsculo e son coma o crack.
Xa que logo, dalgunha maneira, as lecturas que para un son boas – sen entrar agora na calidade de Crepúsculo, que está a arrasar entre a rapazada – son, para nós, coma drogas.
Mais desa adicción non queremos desengancharnos.

Os comentarios están pechados.