Archive for Xaneiro, 2009

NÓS/ELES

31st Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en NÓS/ELES

Velaí o título do meu artigo desta semana en A Nosa Terra. Pódelo ler aquí.

A

29th Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en A

A pasada fin de semana, volvendo de Betanzos, descobrín, avergoñado, que a galegofobia non só a practican os que xa sabemos, senón que tamén hai moito galegófobo anónimo. Todos lembramos como durante anos houbo que aturar – e de feito de cando en vez volve o asunto – aquela sucesións de eles ( L ) […]

GALEGOFOBIA ROSA-PORRO

25th Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en GALEGOFOBIA ROSA-PORRO

Corina Porro volveu, o venres, sobre o tema que, seica, é a súa gran promesa electoral. Reproduzo as súas palabras: Fíjense si estoy segura de lo que haremos si obtenemos el gobierno gallego que aseguro que dejaré la política si no derogamos ese decreto (refírese ao decreto do galego no ensino ) de inmediato. Ollo: […]

MARIMANTEANDO

24th Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en MARIMANTEANDO

Hoxe rematei un Obradoiro Literario que durou dous sábados en Betanzos, organizado por esa xente entusiasta de Marimanta, todo un exemplo de como facer cultura desde o pé: entusiasmando aos pequechos ofrecéndolles traballar coa banda deseñada, coa literatura, promovendo clubs de lectura, exposicións… Foron dous sábados nos que tiven a ocasión de pecharme con pequenos […]

A GRAN LITERATURA SEGUNDO MANGUEL

23rd Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en A GRAN LITERATURA SEGUNDO MANGUEL

O outro día ( e provocouse un gran debate ) falei aquí do que chamei gran literatura, distinguíndoa do puro entretimento. A frase de Borges que utilicei estaba tirada dunha entrevista co grande Alberto Manguel, do que levo falando un par de días. Xusto é que agora escoitemos ( para refrendar o que dixen ) […]

AMA OS LIBROS POR ENRIBA DE TODAS AS COUSAS

22nd Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en AMA OS LIBROS POR ENRIBA DE TODAS AS COUSAS

Levamos xa un par de días falando do mesmo asunto. Que lemos por pracer. Que a lectura é unha droga da que non queremos desengancharnos. Sen embargo, a idea é moi vella. Nun libro ben antergo, Sátira dos oficios, datado no Imperio Medio ( 2040 – 1786 a. C ), un texto exipcio, lemos este […]

UNHA DROGA DA QUE NON QUEREMOS DESENGANCHARNOS

21st Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en UNHA DROGA DA QUE NON QUEREMOS DESENGANCHARNOS

Ao fío da reflexión de onte, atopo estas declaracións da actriz, agora tan de moda, Rosario Dawson ( a da foto ): Veño de comezar a ler os libros de Crepúsculo e son coma o crack. Xa que logo, dalgunha maneira, as lecturas que para un son boas – sen entrar agora na calidade de […]

PLACER E LECTURA

20th Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en PLACER E LECTURA

Levo moitos anos mantendo que a lectura, sobre todo, hai que vendela como unha fonte de pracer. Hai quen se rebota con isto, claro, mais, sinceramente, non sei por que debo ler se non me proporciona tal actividade algunha clase de goce. O mesmo penso do feito de escribir. E aí son eu quen se […]

PALABRA DE PORRO

18th Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en PALABRA DE PORRO

Nun acto preelectoral en Vigo, Corina Porro, exalcaldesa da cidade dixo textualmente falando da intención do PP de derogar o descreto do galego no ensino: “empeño mi palabra y abandonaré la política si no se hace así”. Empeñar a palabra é algo moi serio que alguén que se dedique á política só debe facer diante […]

UN NOVO BLOG

17th Xaneiro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en UN NOVO BLOG

Un autor importante de noso. Un home coas ideas claras. Un amigo. Estrea blog Xesús Constela Doce. Para poñer en favoritos.