Archive for Decembro, 2008

NACEU

16th Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en NACEU

Traballamos moito pero con moita ilusión. E naceu.

A CASA DE CASTELAO

14th Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en A CASA DE CASTELAO

É unha grata nova ler que a casa de Castelao, en Rianxo, vai ser declarada Ben de Interese Cultural. Ten un dono e iso non o discute ninguén ( non coma no caso de Méirás, que si que se discute )pero sen embargo, dalgunha maneira ( aínda que só sexa no plano do simbólico ) […]

OS MÁIS VIOLENTOS QUE OS VIOLENTOS

11th Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS MÁIS VIOLENTOS QUE OS VIOLENTOS

O outro día, lendo unha reportaxe sobre a saída dunha biografía sobre Himmler, xa sabedes, o segundo de Hitler e responsable de executar ( nunca este verbo foi máis descritivo ) a millóns de persoas nos campos de exterminio, souben dun dato que descoñecía: que en realidade, a idea das cámaras de gas ocorréuselle, seica, […]

O ANUNCIO

9th Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en O ANUNCIO

Xa sei que se ligou desde moitos blogs, pero quero traer hoxe aquí esta marabilla de anuncio canadiano para o fomento da lectura ( que ven a dicir algo así como “se non les, os personaxes morren” nunha tradución máis que libre ) porque hoxe vivín a situación contraria. Visitaba un hospital. Nada serio. Pero […]

AGASALLAR LIBROS. UN CHISCO DE COHERENCIA.

8th Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en AGASALLAR LIBROS. UN CHISCO DE COHERENCIA.

Leo, feliz, que a Bliblioteca do Concello do Porriño motiva á lectura co sorteo dunha cesta de Nadal… pero chea de libros. É dicir, o mesmo que en calquera bar pero cambiando turróns, botellas de sidra e polvoróns por historias de pantasmas en castelos encantados, de piratas e de tesouros perdidos en illas que non […]

RECTIFICO A HORA: É AS 17.45

5th Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en RECTIFICO A HORA: É AS 17.45

Onte estaba medio durmido. O acto do que informo no anterior post é ás 17.45. Perdoade a torpeza.

VÉMONOS, DENDE CALQUERA SITIO, ÁS 18.45 DO VENRES

4th Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en VÉMONOS, DENDE CALQUERA SITIO, ÁS 18.45 DO VENRES

Mañá venres pasareino nesa marabilla que é o Culturgal, onde a Editorial Galaxia ten unha presenza importante ao igual que outras moitas empresas da cultura deste país. E a iso das 18.45 participarei nunha emisión, vía Internet, dentro do programa Falemos de libros no stand da Asociación de Escritores en Lingua Galega para falar dos […]

CAFÉ. PALABRAS

3rd Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CAFÉ. PALABRAS

Hoxe polo serán collínme a min mesmo como toda compaña. Entrei nun café. A música gustábame. A xente gustábame. A camareira sorriume. Dúas rapazas, preto da cristaleira, ollábanme, probablemente intrigadas por ese mollo enorme de folios que traía comigo debaixo do brazo. Sentei. Puxen ben os pés sobre o chan e saquei prendas de abrigo. […]

SERÁN DE COCHE, MELANCOLÍA E MÚSICA

2nd Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en SERÁN DE COCHE, MELANCOLÍA E MÚSICA

Botei o serán de onte, por asuntos de traballo, no coche. Crucei a provincia de Lugo envolvido na neve e, como fago sempre, escoitando a radio, viaxando de vagar. Cantando. Crucei a provincia de Lugo envolvido na voz de Joan Baptista Humet. Entre as folerpas da neve atopei a súa voz e a nova de […]