OS QUE VIVEN NA NÉBOA

Posted by franciscocastro - 29/12/08 at 09:12 p.m.


Unha das cousas máis estrañas que ten este país, é que unha boa parte da poboación non se dá por enteirada de que hai dúas linguas oficiais (estaba a piques de escribir “que hai dúas linguas que conviven”, pero sería unha esaxeración ). É como se vivisen dentro da néboa e a espesura da mesma non lles deixase ver que ademais de como eles falan, hai unha cantidade, non pequena de xente, que espera vivir algún día nun país normal onde falar a lingua de seu non sexa unha excentricidade.
É como se non me decatase de que teño dúas mans, ou dous ollos e un nariz. Sería rarísimo. Pois igual. Para moita xente, cando descubren que fas a túa vida integramente en galego, a estrañeza é o primeiro que deixa ver o seu rostro.
Co fermoso que é que existan moitas falas.
Eles non o ven. Será cousa da néboa.
¿Ou é que non queren ver?

Os comentarios están pechados.