DESEXOS PARA O 2009 (1)

Posted by franciscocastro - 25/12/08 at 09:12 p.m.

Inicio hoxe unha serie, utópica – ou non- a máis non poder, para pedir para o 2009.

Velaí vai o primeiro pedido:

DESEXO QUE NO 2009 A PRENSA DO MEU PAÍS SEXA A PRENSA DO MEU PAÍS

é dicir
que reflicta a realidade na que vivimos os galegos
é dicir
que se resulta que o 98 por cento da poboación entende o galego, e non sei canta porcentaxe pero seguro que non o 2 por cento que hai de galego nos xornais, o falamos, daquela, que a prensa reflicta ese feito
é dicir
que se os xornais presumen de que son un reflexo da realidade
daquela
que o sexan no que á lingua de se refire
porque
na sociedade real hai moito máis galego que o que hai nos xornais que pretenden informar a esa sociedade real.

Os comentarios están pechados.