Archive for Decembro, 2008

O ÚLTIMO POST DO ANO

30th Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en O ÚLTIMO POST DO ANO

Todo o que vos desexo, náufragos, está nesta canción. Que o 2009 sexa un ano de Paz.

OS QUE VIVEN NA NÉBOA

29th Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS QUE VIVEN NA NÉBOA

Unha das cousas máis estrañas que ten este país, é que unha boa parte da poboación non se dá por enteirada de que hai dúas linguas oficiais (estaba a piques de escribir “que hai dúas linguas que conviven”, pero sería unha esaxeración ). É como se vivisen dentro da néboa e a espesura da mesma […]

FACER O AMOR EN GALEGO

28th Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en FACER O AMOR EN GALEGO

Nunha interesante entrevista que hoxe publica Xornal de Galicia, Isaac Díaz Pardo dános unha frase para pensar: Que parella de noivos se fai o amor en galego? Iso de que é unha ameaza para o castelán é unha tontería. Que é unha parvada o da ameaza xa o dixemos mil veces.Onte mesmo. Pero o asunto […]

DESEXOS PARA O 2009 (3)

27th Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en DESEXOS PARA O 2009 (3)

Desexo que esa xente tan virulenta ( veñen de convocar unha manifestación para febreiro despois dirán que non son electoralistas ) deixe de dicir esas mentiras sobre que o castelán está perseguido en Galicia sobre que o galego se impón a todo o mundo. Desexo que co novo ano deixen de usar a verba liberdade […]

DESEXOS PARA O 2009 (2)

26th Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en DESEXOS PARA O 2009 (2)

Desexo que cando remate o ano todos teñamos a sensación de que a vida foi pracer e que non houbo case dor. Desexo que cando remate o ano fagamos reconto dos días para ver que non houbo dous iguais e que a vida é ou debe ser unha promesa. Desexo que cando remate o ano […]

DESEXOS PARA O 2009 (1)

25th Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en DESEXOS PARA O 2009 (1)

Inicio hoxe unha serie, utópica – ou non- a máis non poder, para pedir para o 2009. Velaí vai o primeiro pedido: DESEXO QUE NO 2009 A PRENSA DO MEU PAÍS SEXA A PRENSA DO MEU PAÍS é dicir que reflicta a realidade na que vivimos os galegos é dicir que se resulta que o […]

CONTO DE NADAL 3

23rd Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CONTO DE NADAL 3

El saíu este sábado a cear cuns compañeiros e compañeiras doutro traballo que tivo no pasado. Risas. Alcohol. Moito. De máis. Acabaron a noite naquela discoteca na que el non entraba desde os dezaoito anos e a que ía cada domingo de adolescencia. Xa no corredor sentiu que lle volvía o pasado todo e dixo […]

NON SEXAMOS CÁNDIDOS

21st Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en NON SEXAMOS CÁNDIDOS

Ese é o título do meu artigo en A Nosa Terra. Podédelo ler aquí.

CONTO DE NADAL 2 ( A CASIÑA DE CHOCOLATE )

18th Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CONTO DE NADAL 2 ( A CASIÑA DE CHOCOLATE )

El dixo, recordo que unha das cousas que máis me gustaban cando era neno era facer cabanas con cartóns e caixas de madeira da froita que nos daban no mercado. Xuntabámolas e desafinado á lei da gravidade, eramos capaces de facer que se sostiveran. Ata que chovía, claro.Dentro, fumei os primeiros cigarros, rin moitísimo con […]

CONTO DE NADAL 1

17th Decembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CONTO DE NADAL 1

Ela preguntoulle que quería como agasallo polo Nadal. El dixo, quero chocolate. Concretamente o que dixo foi, quero unha tableta enorme para fundila e, cando estea morno, pintar sobre o teu corpo. ¿Pintar?, ¿pintar sobre min?, dixo ela finxindo abraio. Pero se ti non sabes nin facer unha cara cun seis e un oito. El, […]