Archive for Novembro, 2008

O CIRCO DE BOTERO E UNHA PREGUNTA PARA OBAMA

16th Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en O CIRCO DE BOTERO E UNHA PREGUNTA PARA OBAMA

Pasei o serán do domingo visitando a exposición que está aberta na Casa das Artes de Vigo e que vos recomendo a todos. Non valen escusas ( “é que non son de Vigo” ) porque está aberta ata febreiro e, xa que logo, malo será que non poidades pasar pola miña cidade. A exposición á […]

UN PAR DE LABAZADAS

15th Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en UN PAR DE LABAZADAS

Unha das revelacións literarias do ano pasado foi a chinesa Wei Lang. Escoito unha entrevista con ela e conta que cando lle dixo a súa nai que quería ser escritora, sendo aínda unha nena, a resposta de mamá foi que ía serlle moi difícil facer carreira na literatura e vivir diso, pero que o intentase. […]

CONTOS DE FADAS

14th Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CONTOS DE FADAS

A verdade, nunca fun un apaixonado de Jostein Gaarder. Quizais porque cando aquel boom d’O Mundo de Sofía e eu era profesor de Filosofía e decatábame xa non só das ausencias naquela particular historia do pensamento, senón, sobre todo, de certo recendiño escolástico que renxía un pouco. Sen embargo, cando un ex-alumno me agasallou Vita […]

A WEB DE XERARDO MÉNDEZ

13th Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en A WEB DE XERARDO MÉNDEZ

Hoxe quero recomendar aquí a web do escritor, e amigo, Xerardo Méndez, cheíña de cousas interesantes. Admiro de moi atrás o traballo de Xerardo, en especial desde que lera o seu libro O abrente é un desatino. Agora, nese espazo electrónico, podedes atopar unha morea de textos de interese.

UN CURA CON SENTIDIÑO

12th Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en UN CURA CON SENTIDIÑO

Xa me tardaba recomendar esta entrevista con Xosé Reboiras, secretario xeral da Federación de Relixiosos do Ensino, onde demostra que aínda queda xente, dentro da Igrexa católica, con cabeciña. Cando menos no que ao asunto lingüístico se refire. A Federación é célebre por promover o uso do galego, e pola organización dun premio que é […]

CRÓNICA URXENTE DO GALEUSCA

9th Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CRÓNICA URXENTE DO GALEUSCA

Hoxe volvimos de Valencia e Sueca, a delegación galega que foi ao Galeusca. Canso, pero feliz, redacto unhas liñas para unhas primeiras impresións. É a primeira vez que participo nun Galeusca, mais estou certo de que repetirei todas as veces que poida. Coido que os catro días de convivencia, entre nós, pero tamén cos compañeiros […]

A VALENCIA

5th Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en A VALENCIA

Mañá marcharei, como parte da delegación galega, ao Galeusca, que este ano se celebra en Valencia. Marchamos os seguintes autores e autoras: Xan Arias-Andreu Marica Campo Francisco Castro Manuel Forcadela Agustín Fernández Paz Anxos Sumai Marilar Aleixandre Isidro Novo Xerardo Méndez Carlos Negro Antía Otero Mercedes Queixas Zas Elvira Riveiro Tobío Cesáreo Sánchez Iglesias Xavier […]

A FELICIDADE

4th Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en A FELICIDADE

Aínda quero dicir algo máis sobre o que tratei hai uns días, sobre ese fermoso artigo de Martín Garzo. Di no seu texto que hai que lerlle aos pequenos para facelos felices. Que non hai outra razón. Haberá quen as atope, pero esa debe de ser a primordial. Paréceme – e eu dígoo sempre e […]

¿PERO QUE TERÁ QUE VER? UNHA CHEA DE PREXUÍZOS

2nd Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿PERO QUE TERÁ QUE VER? UNHA CHEA DE PREXUÍZOS

Hoxe en El País publican unha entrevista co presidente de Extremadura, Guillermo Fernández Vara. Un ponse a lela e, máis ou menos, tira a idea de que estamos diante dun político, cando menos, dialogante, con gañas de consensuar e todo iso. Vale. Todo moi bonito e moi de celebrar. Probablemente é unha persoa amiga de […]

PREDICAR CO EXEMPLO

2nd Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en PREDICAR CO EXEMPLO

Todos os días sen excepción recorto algo dun xornal ou dalgunha revista. En ocasións, o que meto na miña gaveta de palabras interesantes durme alí durante meses, ata que moito tempo despois, fedellando entre eles, reaparecen. Por exemplo, este artigo de Gustavo Martín Garzo, do día de Noiteboa pasado, e titulado El secreto de los […]