MARIMANTA

Posted by franciscocastro - 24/11/08 at 11:11 p.m.


Hai xente que non se queixa e ponse a turrar do carro, hai xente que non sabe de pesimismos e traballa para que as cousas vaian para mellor.
Un blog coma este, que tantos anos leva xa falando, en positivo, do fomento da lectura, ten que mostrar o seu entusiasmo diante de iniciativas coma esta de Marimanta, que hoxe coñezo. As cousas fanse así. Montemos obradoiros para que os pequenos amen os libros, chalas para que os pais entendan como estimulalos a ler, outro para que debuxen… as posibilidades son infinitas. Sobre todo cando hai xente entusiasta e entusiasmada detrás como o grandísimo Xosé Tomás e os demais betanceiros poderosos.
Longa vida para esta fermosura!

Os comentarios están pechados.