QUE PARVOS OS CENSORES

Posted by franciscocastro - 19/11/08 at 10:11 p.m.

Onte inaugurouse na Casa Galega de Cultura a exposición Editar en galego baixo a censura franquista. Non debedes deixar pasar a oportunidade de, entre outros materiais, ler os informes dos censores sobre algunhas das obras máis senlleiras daqueles autores da Nova Narrativa Galega, e doutros moitos máis, que comezaban timidamente a camiñar cos seus respectivos proxectos literarios. Tamén outros como Cunqueiro tiveron que soportar os furores censores. Na meirande parte dos casos, os encargados das tesoiras demostraban que eran directamente parvos, pois escribían cousas sobre os textos que lían no que se evidenciaba que nada entenderan.
Iso si, eran parvos. Pero tamén moi perigosos.
Na mostra veredes como autores coma Casares ou María Xosé Queizán só se lles daba o “nada que objetar” sen suprimían unha serie de párrafos que se consideraban ofensivos.
Especialmente interesante é a reprodución dun “formulario” que o censor tiña que cumplimentar onde, en xeito de test, se preguntaba se o libro ofendía ao réxime, á igrexa, a alguén que colaborase no pasado co réxime e flores polo estilo.
Menos mal que a censura xa non existe.

Os comentarios están pechados.