Archive for Novembro, 2008

CANDO NON SE ATURA A REALIDADE, VIVA A FICCIÓN

30th Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CANDO NON SE ATURA A REALIDADE, VIVA A FICCIÓN

Os que seguen decote este blog saben que levo uns días raro. Un chisco desbordado pola realidade. E os que seguen decote este blog tamén saben que non gusto moito de Mario Vargas Llosa. Sen embargo, no seu artigo deste domingo en El País, regálame unha frase que me/nos alivia: Cuando la realidad se vuelve […]

RELIXIÓNS. INGLÉS, CIDADANÍA

29th Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en RELIXIÓNS. INGLÉS, CIDADANÍA

Onte mostraba aquí o meu desconcerto. Normal. Porque non me entra na cabeciña que a día de hoxe un dos grandes problemas da humanidade sega a ser a relixión. Tanto, que entra dentro do posible que calquera fanático, de calquera confesión, che faga voar polos aires en nome da súa verdade importándolle de paso, un […]

O ANIMAL PARVO

28th Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en O ANIMAL PARVO

E a min, de verdade, gustaríame crer que o mundo mellora e que, como dicía Kant aló polo XVIII, a humanidade chegou á maioría de idade, e que só nos resta confiar en que a razón nos fará de cada vez máis sabios, máis felices, máis, no fondo, persoas. Pero a realidade insiste en levarme […]

MAÑÁ EN PONTEVEDRA

26th Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en MAÑÁ EN PONTEVEDRA

Mañá, ás sete do serán, participarei no Clube de Lectura da Biblioteca de Pontevedra. Veñen de ler a miña novela As palabras da néboa, e dela falaremos. Será un pracer atopalos por alí.

MARIMANTA

24th Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en MARIMANTA

Hai xente que non se queixa e ponse a turrar do carro, hai xente que non sabe de pesimismos e traballa para que as cousas vaian para mellor. Un blog coma este, que tantos anos leva xa falando, en positivo, do fomento da lectura, ten que mostrar o seu entusiasmo diante de iniciativas coma esta […]

OXALÁ, SEÑOR FEIJOO, OXALÁ

23rd Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en OXALÁ, SEÑOR FEIJOO, OXALÁ

Nunha completa entrevista en El País, o candidato popular á presidencia da Xunta, Alberte Núñez Feijoo fala así sobre o “conflicto lingüístico” ( así é como o di o xornal, que xa ten coña ): El PP lo tiene resuelto. Derogaré el decreto que es la causa del conflicto y preguntaré a los padres antes […]

NON HAI QUEN OS ENTENDA

22nd Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en NON HAI QUEN OS ENTENDA

Non hai quen os entenda. A estes do Club Financeiro. Hai un mes ou así montan unha pirula de tres pares de bemoles co asunto da lingua argumentando ( é un falar ) que o galego era un freo para a economía e, tal e como o contaban, pouco menos que Galicia estaba en perigo […]

TODOROV

21st Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en TODOROV

Ese é o título do meu artigo de hoxe en A Nosa Terra Diario.

QUE PARVOS OS CENSORES

19th Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en QUE PARVOS OS CENSORES

Onte inaugurouse na Casa Galega de Cultura a exposición Editar en galego baixo a censura franquista. Non debedes deixar pasar a oportunidade de, entre outros materiais, ler os informes dos censores sobre algunhas das obras máis senlleiras daqueles autores da Nova Narrativa Galega, e doutros moitos máis, que comezaban timidamente a camiñar cos seus respectivos […]

PERDER A COR. PERDERSE

18th Novembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en PERDER A COR. PERDERSE

Lin por aí que na India está a facer furor un produto cosmético que enbranquece a face. Traducido: que fai que deixes de parecer hindú para imitarte a un occidental. Nalgúns países asiáticos están a facer algo parecido, pasando por quirófano para que lles poñan os olliños redondiños coma os nosos. Non vou gastar as […]