APOIOS POLÍTICOS

Posted by franciscocastro - 30/10/08 at 10:10 p.m.


En campaña electoral ( e nos derradeiros tempos a campaña electoral é continua ) os políticos sempre gustan de rodearse de xente da cultura. Supoño que lles dá unha certa lexitimidade. E así, escritores, actores e intelectuais en xeral son «chamados» para apoiar a tal ou taloutro candidato.
Nos Estados Unidos sábeno de sempre. Así, non é estraño que o actor Chuck Norris ( en fin, non sei se metelo ou non na categoría de «intelectual» ) entrase en campaña para, sen pedir con claridade o voto para os republicanos, aparecer nun video ( no que chega incluso a facer un golpe en plan «peli de Chuck Norris» ) pedíndolle aos paisanos que lle voten a aquel candidato que non teña pensado poñer restriccións ao uso libre de armas.
Ese tipo de cousas, no fondo, son un alivio, porque nos fai ver que no vello mundo aínda nos tomamos a política un chisco máis en serio. Pois está claro que un anuncio dese tipo, cun fulano dicindo ese tipo de paridas e, sobre todo, practicando patadiñas de kárate diante da cámara, cando menos, movería a risa.
Sen embargo – e a risa mudámola por pranto – nos Estados Unidos ese tipo de accións moven o voto.
E así pode pasar, como pasou durante os derradeiros oito anos, que un parvo ocupe a cadeira presidencial.

Chuzame! A Facebook A Twitter

3 ResponsesAPOIOS POLÍTICOS to “”

  1. lasosita says:
    Outubro 31st, 2008 at 10:48 a.m.

    Que mágoa! a sensatez morreu. Chegarán tamén a nós esas mesmas premisas? Como todo o que ven de alá o acollemos con tanta ledicia… Non falo das armas, sen#blgtk08#ón do sentimento político. Poucas ordes sociais e políticas se opoñen o mundo americano.
    As cousas de América non teñen porqué sentarnos ben a todos!

  2. falsirego says:
    Outubro 31st, 2008 at 11:13 a.m.

    Acabo de ver o anuncio, e aínda é peor do que pensaba. Parece unha ameaza ao televidente, co puño pechado e a cara de poucos amigos…
    Sinto moito que estas cousas #blgtk08#existan sexa na parte do mundo que sexa, pero que no «país das liberdades» xoguen co chantaxe deste xeito, é preocupante.
    Grazas por manternos alerta.
    Bicos.

  3. náufrago says:
    Outubro 31st, 2008 at 10:22 p.m.

    Pois esperemos que esas «modas#blgtk08#» non cheguen por aquí. Nunca.