XENTE ILETRADA

Posted by franciscocastro - 19/10/08 at 10:10 p.m.


Hoxe en El País, Moisés Naim escribe un artigo moi recomendable, explicando algo no que desde este blog repetimos con teimuda reiteración: hai que empeñarse – xogámonos o futuro – en facer unha revolución educativa en serio. El di que non sabe a fórmula. Pero apunta varias.
Eu levo anos insistindo na que, en parte, pode ser un anaco da fórmula, volver ao libro, que implica, ademais de lectura, a reflexión, unha certa calma ( para ler é preciso tempo ), un traballo individual e concentrado, diálogo cos argumentos, procesamento de información, favorece a síntese e a creación de opinións propias. De feito, e como xa dixemos tamén mil veces, naqueles países onde o eixo educativo é a biblioteca, os resultados son sempre mellores. Aquí, ou non as hai ou están – agás honrosas excepcións froito do traballo entusiasta dos bibliotecarios/as – mortos de risa.
Isto cómpre tomalo en serio. Porque a realidade é a que é.

Os comentarios están pechados.