ASA NOVELAS SENTIMENTAIS DE RAMIRO FONTE

Posted by franciscocastro - 12/10/08 at 10:10 p.m.


Non hai nada que eu, a estas alturas, poida engadir, ao xa dito, sobre a calidade inmensa de poeta de Ramiro Fonte. Nin da súa cordialidade, que sempre sentín as poucas, pouquísimas veces que tratei con el.
Sen embargo, eu quixera lembrar aquí unha obra de Ramiro Fonte, que lin cando viña de pasar os 20 anos, e que levaba por título Catro novelas sentimentais.
Quero destacala porque foi naquel tempo cando vin claro que quería ser escritor e escritor en galego. Daquela, coa fruición que segue ás grandes decisións vitais, púxenme a ler todo canto caía nas miñas mans, en especial, a literatura galega que se estaba a facer naqueles días e que hoxe chamamos A Xeración dos 80. E un deses libros que lin,e que me sorprendeu pola súa forza lírica, a pesar de ser un texto narrativo, foi este que aquí recordo.
Lembro que unha das historias tiña moito que ver cun asunto que a Ramiro Fonte sempre entusiasmou: a paixón bibliófila. Lembro que eu quería ser escritor. Lembro que estaba, en realidade, aprendendo a ler. Lembro que aprendín a ler, tamén, grazas ás novelas sentimentais de Ramiro Fonte.

Chuzame! A Facebook A Twitter

9 ResponsesASA NOVELAS SENTIMENTAIS DE RAMIRO FONTE to “”

  1. Eva Lozano says:
    Outubro 13th, 2008 at 9:31 a.m.

    As lembranzas sempre quedarán, #blgtk08#e o que nos queda é lembrar…

  2. amara orzania says:
    Outubro 13th, 2008 at 10:01 a.m.

    O doce de outubro, inda que sexa outono, abre sempre para min as portas do inverno. Abrin os ollos baixo a mirada melancólica dun ceo cuberto por un veo gris.Sentínme gris, gris coma o asfalto mollado, feble coma as maceiras esquelética#blgtk08#s que tremaban sen vento ao longo da beirarrúa, sostendo apenas nas pólas unhas cantas follas que parecían exercer de trapecistas.A face do inverno nas miñas xanelas.E vin como fuxía a escape a alma da mañá. Por esta morte tan sentida.

  3. Anónimo says:
    Outubro 13th, 2008 at 5:04 p.m.

    Quixen un día facer un centón cun acróstico que regalarlle ao grupo «Educadores pola paz»; non fun quen de rematalo, como podedes ver. Truncóuse como se truncóu a vida de Ramiro, cedo de máis para un home que ainda tiña tanto que dar.
    ORIXE: O CAZADOR DE LIBROS EDITORIAL: SOTELO BLANCO
    AUTOR: RAMIRO FONTE COLECCIÓN: LELIADOURA POESIA

    CENTON INTERRUPTUS
    Debaixo desta rúa pola que andan os pasos
    E algo sentimental coma eses mariñeiros
    Marchan ben os noventa, con ledicia.

    O murmurio do tempo empuxa as nosas vidas
    Sen poder abrigarnos nalgún porto seguro
    Algunha tarde triste co seu buque de sombras
    Ou con vellos mariños ilustrados,

    Se queimamos bandeiras nun fracaso
    No réxime feliz da Autonomía
    Os amigos poetas, conxurados
    Sen dubidalo ás portas dos infernos
    Obedece soamente á #blgtk08#rebeldía,

    Sempre hai unha lembranza proveitosa
    Foron os precusores deste oficio
    Intérprete das sombras que escriben estes anos
    Libros e documentos polas tendas
    Leva a pique os sistemas,
    O mínimo sinal de vida escrita.

    Sabe a súa man esquerda aquela vella culpa
    Unha pinga de sangre volteriano
    No rexurdir dos homes de Galicia
    Máis que calquera escritor,
    Unha especie en extinción:
    Na pira da inquisición,
    Deberei confesar que fatalmente teño
    O teatro do mundo ós nosos ollos:
    Esa bandeira que me deu un herdo
    No escuro purgatorio da trastenda descansa
    Porque aposta a todo ou nada
    A clara intelixencia dos escépticos
    Z (*)

    (*) non atopei neste libro ningún verso que comece por “Z” . ¿Será esa a causa pola que non hai PAZ no mundo?

  4. Eva Carpente Allegue says:
    Outubro 13th, 2008 at 5:09 p.m.

    Quixen un día facer un centón con acróstico para agasallar ao grupo «Educadores pola paz», pero non fun quen de rematal#blgtk08#o como podedes ver. Truncouse como se truncóu a vida de Ramiro, cedo de máis para un home que aínda tiña tanto que dar.

  5. náufrago says:
    Outubro 13th, 2008 at 8:41 p.m.

    Fermosas palabras as de todas. G#blgtk08#razas por compartilas con todos.

  6. laura says:
    Outubro 13th, 2008 at 9:01 p.m.

    Dín que os mellores poetas son os que son pouco famosos , aínda si pode que este poeta fose un dos grandes . Por iso e aínda que nunca lin nada del debo admitir que o poema que pusechedes é fermoso , e os poetas nuca morren , sempre quedan os #blgtk08#seus versos na memoria da xente , por iso e sen máis que este home que un día fixo que a nosa pel se puxese galilla , vai dedicado este comentario.
    Grazas Francisco por facer que os poetas nunca morran , este artigo é un claro exemplo .

  7. náufrago says:
    Outubro 13th, 2008 at 10:31 p.m.

    Moi ben, Laura, agora, o im#blgtk08#portante, é ler aos poetas.

  8. amara orzania says:
    Outubro 14th, 2008 at 8:58 a.m.

    Ningún poeta morre.
    A voz dos poetas
    dos bos poetas
    traspasará as fronteiras do tempo.
    Esa voz, a del, que nos deixou
    ficará viva.
    Escoitarémola cada mencer
    na alma da mañá,
    e no brillo fuxidío das estrelas.
    #blgtk08#
    Será caricia
    caricia que nos chega
    co alento das mareas,
    no murmurio dos ríos,
    no suspirar das fontes.
    Áurea, chegará a nós
    dende a perfecta proporción da rosa.
    Revelarase na fondura
    de todos os espellos.

  9. náufrago says:
    Outubro 14th, 2008 at 9:11 a.m.

    Sen dúbida, a Ramiro Fonte lle gustaría#blgtk08# unha homenaxe feita a base de poemas.