SE ANTES O DIGO…

Posted by franciscocastro - 04/10/08 at 11:10 p.m.


Remataba o meu post de onte sobre as queixas dalgúns colectivos de cegos diante da película Blindness, dicindo que a ver canto tardaba alguén en propoñer un veto.
E non creo que eses paladíns do politicamente correcto lean este blog pero hoxe a prensa xa nolo conta: unha asociación dos Estados Unidos reclama que se vete a exhibición da película por «degradante». Concretamente sinalan que a película sobre o Ensaio sobre a cegueira de Saramago, así como o libro «tratan aos cegos como incapaces de facer calquera cousa e incluso como adictos e criminais», e tamén que a película «levará a que os cegos teñan menos oportunidades e incluso perdan empregos».
En fin, Saramago reaccionou chamándoos imbéciles, o cal tampouco é de recibo. Cando menos, habería que alcumalos de ignorantes, porque é obvio que non entenderon o libro.
Non. O grave non é que a Federación de Invidentes declare iso. O grave é que millóns de persoas, polo feito de que o di esa Federación, pensarán o mesmo sen ver a película nin ler o libro e por suposto, non irán ao cine nin mercarán a obra. E quen di iso desa fita pode dicilo, eu que sei, de Eduación para a Cidadanía ou sobre calquera outro asunto do que, sen coñecer en realidade de que vai, neste país, todo o mundo, se atreve a opinar.
Díxeno onte: un síntoma dos tempos – podres – que nos toca vivir.

Chuzame! A Facebook A Twitter

10 ResponsesSE ANTES O DIGO… to “”

  1. Rosa Velenosa says:
    Outubro 5th, 2008 at 8:50 p.m.

    Pois a min paréceme que Saramago ten un dominio abraiante da linguaxe.
    Agardemos que a traducció#blgtk08#n da novela en película non nos decepcione máis alá do lóxico e normal nestes casos. A ver…

  2. Ana says:
    Outubro 6th, 2008 at 11:09 p.m.

    A pesares de que non deixa de sorprenderme a túa capacidade para analiza-las cousas (non é a primeira vez que dis algo e logo xurde), e a pesares de que aínda estou rindo coa vosa proposta de defensa a miopes e alopécicos… ¡o que hai que ler!
    Ben, pois a pesares de todo iso, por unha vez non estou totalmente dacordo contigo. O marketin e, sobre todo, cando é norteamericano soe incluir estas disputas de grupos «minoritarios e autodiscriminativos» para darlle impulso a unha película ou un libro.
    Non é a primeira vez (nin será a última) que pasa que sae unha publicación respaldada co «escándalo» dun grupo que se sinte ofendido e quere vetala. Iso provoca morbo e o morbo vende. É un mecanismo moi simple (e #blgtk08#tamén moi vello) que lles soe dar bos resultados en canto a lectores ou espectadores que, tras facer uso do producto terminan preguntándose a qué viña tanto «revuelo». Pero, a cuestión é que con ese comportamento conseguiron o que quería o marketin: cifras. A película máis vista, a pesares dos escándalos engadidos é unha forma máis de seguir aí enriba… e todos sabemos que non sempre o máis visto é o mellor. Pero, sí o que máis vende. E esa vén sendo a finalidade primeira e última da publicidade.
    Así que xa sabes, Fran, para cando «O ceo dos afogados» vaia sair no cine, ten por suposto que terás ós de greenpeace detrás por promove-lo suicidio masivo dos golfiños… e a productora estará frotando as mans claro.

  3. Ana says:
    Outubro 6th, 2008 at 11:13 p.m.

    … por non falar dalgún colexio de psicólogos que#blgtk08# se sinta aludido por algunhas pasaxes do libro…

  4. Ana says:
    Outubro 6th, 2008 at 11:15 p.m.

    Iso si que vendería «a historia que fixo que un grupo de psicólogos foran a terapia por#blgtk08# sentírense criticados e anulados socialmente»… O terapeuta terapiado… ou algo así.

  5. náufrago says:
    Outubro 7th, 2008 at 9:03 a.m.

    ¡Que marabilla, Ana, comezar o día así! Grazas polo humor. E tamén pola crítica. A ver: é obvio que determinadas polémicas favorecen a venda dalgúns produtos. É innegable. Pero o meu comentario ía máis ben dirixido a subliñar o pensamento feble que, en xeral, está a facerse dono do conxunto da sociedade. A xente ve #blgtk08#a forma, pero non o fondo. O certo é que o da peli é un pretexto para unha crítica máis ampla.
    E nada, se alguén se anima a levar ao cine calquera das miñas novelas, estou disposto a polemizar con quen se queira porque, si, fixéchesme pensar, e en todas elas podería haber algún grupo social que se mosquease.

  6. Ana says:
    Outubro 7th, 2008 at 10:30 p.m.

    Si, niso non podo máis que darche a razón. O triste, zicais, non sexa esa forma simplona de facer publicidade, senon que moitos «lle sigan o conto», caendo moitas veces na crítica sen saberen sequera de qué falan. A xente non está acostumada a pensar por sí mesma: antes de le#blgtk08#ren algo (neste caso, o libro de Saramago), prefiren o resumo do resumo da interpretación que alguén dea sobre a película (que, á súa vez, é un resumo da idea que xurdiu na cabeza do guionista, mixturada cos desexos do productor e do director)…
    Deberíase ler máis…

  7. náufrago says:
    Outubro 7th, 2008 at 11:20 p.m.

    Si, en especial se vas criticar con tanta #blgtk08#dureza algo. Aí, o mínimo, é ler o libro.

  8. Mr Tichborne says:
    Outubro 8th, 2008 at 8:13 p.m.

    Dentro de pouco, nada vai ser políticamente correcto, sempre haberá algunha asociacionciña que se faga voceira dun colectivo e faga algunha protesta absurda.
    No de Saramago hai cegos (novos cegos, quedaron todos cegos súpetamente) que son heroes, outros que son persoas normais e outros que son uns f. de puta. Supoño que como en tód#blgtk08#olos colectivos, minusvalías, razas, nacionalidades e torcidas de clubes de futbol.
    Cruel tiranía, a do políticamente correcto… Ainda que isto non contradi o que argumenta Ana: por un lado irán ver a película algúns movidos polo morbo e por outro algús desistirán, inconsolablemente escandalizados. Se é que somos unhas ovellas…

  9. Ana says:
    Outubro 8th, 2008 at 9:03 p.m.

    Si, Mr Tichborne, esa é a parte que xa non fai tanta graza, a sensación de que somos ovellas, tan doadamente manipulables para un lado ou para outro…
    Inda que, ás veces, pregúntome se son/sodes tan poucos os#blgtk08# que reflexionades con certo peso, con argumentos sobre estas cousas ou é que, simplemente, afógase a voz dos que pensan un pouco dende fóra, dende a obxetividade (na medida en que esta é posible). Non sei, non sei…

  10. náufrago says:
    Outubro 8th, 2008 at 10:08 p.m.

    Pois non é mala pregunta a que #blgtk08#deixa Ana no seu comentario…