Archive for Setembro, 2008

RECTIFICAR É DE SABIOS

19th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en RECTIFICAR É DE SABIOS

Eu non sei ata que punto as desculpas de George Steiner son ou non son sentidas. Non teño por que pensar que non son sinceras. Dou por feito, e de boa fe, que o son. Así que non teño problemas en titular este post como o titulo. O terrible é que os de aquí, os […]

EMPEZOU O CURSO E TODO IGUAL

18th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en EMPEZOU O CURSO E TODO IGUAL

Empezou de todo o curso ( faltaban os da ESO e Bacharelato e os Ciclos Formativos ), e hai que dicir que todo sigue igual. Na miña mesa de traballo fun acumulando durante todo un ano, declaracións do partido do goberno e dos que non o están, falando da necesidade de aumentar o número de […]

DÚAS NOVAS ARREDOR DE SARAMAGO

17th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en DÚAS NOVAS ARREDOR DE SARAMAGO

Os que somos saramaguianos ( vai ti a saber se se escribe así ) confesos, a pesar do pouco que eu, persoalmente, gustei da súa última, polo de agora, novela ( As intermitencias da morte ), sentímonos ben contentos porque o portugués botou a andar un blog e, tamén, porque para o 28 de Novembro […]

¿E O RESTO DOS EMPRESARIOS POR QUE CALAN?

16th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿E O RESTO DOS EMPRESARIOS POR QUE CALAN?

Levo uns días matinando e facéndome unha pregunta que non me deixar durmir da preocupación. Sabemos o que dixo o Club Financeiro de Vigo sobre que o galego era prexudicial para os negocios ( María Xosé Queizán contraargumentou de marabilla neste artigo ). Mais tamén sabemos, porque nos consta, que non todas as empresas nin […]

¿QUE TERÁN ALGÚNS PERSONAXES?

15th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿QUE TERÁN ALGÚNS PERSONAXES?

¿Que terán algúns personaxes para transcender o tempo, as épocas, e seguir fascinando a pesar das xeracións? Mirade o que podemos ler nun documento, inglés, do ano 1439, que informa sobre un bandoleiro: “sen medios de vida reuniu ao seu carón a moitos ladróns e en xeito de insurrección agachouse nos bosques desta rexión, coma […]

QUE COINCIDENCIA

14th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en QUE COINCIDENCIA

Os de Cuatro estrearon hoxe un programa, conducido pola galega Paula Vázquez, que se chama Pekín Express. Segundo a publicidade oficial do programa, son dez parellas que teñen que percorrer 10.000 quilómetros atravesando ríos, continentes, montañas, desertos… Ignoro se é mera coincidencia ou está feito a posta. Pero eu hai uns meses rematei de ler […]

NO PARAÍSO, ¿HABERÁ TETAS?

13th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en NO PARAÍSO, ¿HABERÁ TETAS?

Un pasa a vida loitando por escribir unha páxina decente. Unha sería dabondo. Que o lector fose quen de dicir, carafio, que ben está isto que escribiu este fulano. E por iso os escritores nos deixamos as poucas neuronas en pensar a trama, en argallar os personaxes, en darlles vida, un pasado, algo que agachar, […]

CANTO EROTISMO!!!

11th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CANTO EROTISMO!!!

Vale. Confunden a defensa doutras linguas con un ataque contra da “súa”. Vale. Están contra da “imposición” do galego. Vale. Din que o castelán vai desaparecer. Vale. Que os castelán falantes están discriminados. Todas esas parvadas valen. Pero o que xa non sei se vale é largarse un cartel tan subido de ton erótico sendo […]

NON, CLARO QUE NON LEN

10th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en NON, CLARO QUE NON LEN

Gustei moito deste artigo do grande escritor, e bo amigo, Xabier López López en A Nosa Terra. Co gallo dunha lectura de verán, reflexiona arredor dos políticos e de se lerán ou non lerán, e que pasaría se os libros e, sobre todo, as ideas que conteñen os libros ( excluímos Mein Kampf e similares […]

POR ENRIBA DA ESCURIDADE, O AMOR

9th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en POR ENRIBA DA ESCURIDADE, O AMOR

Estou estes días mergullado ( en fin, isto é simplista: estou a ler ao mesmo tempo tres novelas, sen contar as lecturas do traballo e outras encomendas ) na lectura da novela de Amos Oz, que aproveito para recomendarvos, Versos de vida y muerte. Quizais por iso me chamou tanto a nova, coñecida hoxe nos […]