SUSO JARES, GUIEIRO

Posted by franciscocastro - 28/09/08 at 10:09 p.m.

Hai unhas horas despedimos en Vigo, nun emocioante acto cívico, a Suso Jares.
Neste instante só acerto a dicir que si que é certo que hai persoas que son guieiro, que son modelo, que son camiño.
Suso Jares foi un ser así.
Oxalá todos os mestres e mestras sentiran a diario a paixón que el tiña pola educación, o convencemento de que o mundo si que é mellorable a través da escola, a seguridade de que as utopías poden deixar de selo a base de traballo, ilusión e constancia. Que a revolución empeza nunha horta feita por cativos de EXB ou nunha biblioteca escolar, por cativa que sexa. Que aí si que está o camiño para facer un mundo mellor.
E oxalá todos fosemos quen de ter o seu exemplo sempre presente, para así, dar nós, tamén, o mellor do que levamos dentro en todo momento.
Non esqueceremos nunca a Suso Jares. E por iso sempre vivirá entre nós.

Os comentarios están pechados.