UNHA BOA NOVA PARA OS MEUS AFOGADOS

Posted by franciscocastro - 22/09/08 at 10:09 p.m.

Hoxe recibín con ledicia a nova que informa de que o meu libro O Ceo dos Afogados, que no seu día foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia, vén de resultar finalista do premio Martín Sarmiento, como xa dixen unha vez ( gañeino hai un par de anos por Un bosque cheo de faias ), un dos galardóns máis bonitos de todos cantos hai pois, a pesar de non ter dotación económica, é outorgado por unha morea enorme de alumnos e alumnas do país, que emiten, xa que logo, un xuízo máis que autorizado.
Competirá, na categoría de 6º de primaria a 2º da ESO con outros dous textos que tamén me gustaron moito, O son das buguimas, libro colectivo editado en Xerais pola ONG Implicad@s no desenvolvemento, e Plastilina nos pulmóns de Jaureguízar.
A solución, o 30 de Abril.

Os comentarios están pechados.