OS TÍMIDOS ESCRIBIMOS

Posted by franciscocastro - 21/09/08 at 10:09 p.m.


Hoxe El País publica unha entrevista moi interesante co dramaturgo e expresidente checo Václav Havel.
Entre outras cousas, di que como é tímido, o teatro permítelle agocharse tras dos seus personaxes.
Iso, coido, a cada día teño máis claro, cando menos no meu caso, facémolo todos.
Escribimos de nós.
E escribimos por pura timidez.
O cal non deixa de ser paradoxal: a timidez lévanos a esta forma innegable de exhibición que é a escrita.
Somos animais complicados.

Os comentarios están pechados.