O GALEGO É FINO, O CASTELÁN É DE BRUTOS

Posted by franciscocastro - 20/09/08 at 10:09 p.m.


Hoxe entendín, viaxando nun bus de Vigo ( os famosos “vitrasas” ) que non levan razón todos eses que din que o galego é lingua de pobres, de marulos e de xente ignorante, e que o castelán (sobre todo, seica, o de Zevilla ) é máis fino.
Porque estaba eu alí, de pé, no Vitrasa, camiño do Corte Inglés e, aburrido por non poder ler, pois non ía sentado e podía marearme ( eu sempre leo no bus ), déuseme por ler o cartel que está ao carón do señor condutor.
Concretamente dicía:
NON DISTRAIAN Ó CONDUCTOR.
Unha frase elegante, tratando ao viaxeiro de vostede. Moi ben.
Máis debaixo, en castelán, puña:
NO DISTRAER AL CONDUCTOR.
Non me negaredes que, esta segunda versión, a castelá, é moito menos fina, sen dúbida moito máis bruta. No distraer, no distraer, no distraer…¡por favor!

Os comentarios están pechados.