Archive for Setembro, 2008

QUE FOI DOS DELINCUENTES XUVENÍS DOS OITENTA?

30th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en QUE FOI DOS DELINCUENTES XUVENÍS DOS OITENTA?

No xornal A Nosa Terra, neste novo número, fanse, precisamente, esa mesma pregunta. A reportaxe é moi interesante. Unha posible resposta ao que lles pasou, coido que está aquí.

O RETROCESO DO GALEGO NOS XORNAIS

29th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en O RETROCESO DO GALEGO NOS XORNAIS

Velaí o título do meu novo artigo en A Nosa Terra.

SUSO JARES, GUIEIRO

28th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en SUSO JARES, GUIEIRO

Hai unhas horas despedimos en Vigo, nun emocioante acto cívico, a Suso Jares. Neste instante só acerto a dicir que si que é certo que hai persoas que son guieiro, que son modelo, que son camiño. Suso Jares foi un ser así. Oxalá todos os mestres e mestras sentiran a diario a paixón que el […]

ALGUNHAS CONCLUSIÓNS

27th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en ALGUNHAS CONCLUSIÓNS

Veño de chegar ( canso, moi canso… xa non estou para algúns excesos noctámbulos ) do III Encontro de Escritores Novos, “Entre dous séculos” que a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizou no Pazo de Mariñán durante o venres e o sábado. Dous días compartindo asuntos, polémicas, propostas, ideas, risas, laios, palabras… cun mollo […]

A XERACIÓN SEN COMPLEXOS

25th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en A XERACIÓN SEN COMPLEXOS

Mañá comeza en Mariñán o III Encontro de Novos/as Escritores/as : Entre dous séculos. Tócame moderar a mesa sobre “A literatura. Internet e novas tecnoloxías”. Convidei a Lara Bacelo, Leo Campos e Eduardo Estévez. Para o libro de actas, preparei un texto que hoxe reproduce Galicia-Hoxe.

OBRADOIRO PARA PROFESORES E PROFESORAS EN OURENSE

24th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en OBRADOIRO PARA PROFESORES E PROFESORAS EN OURENSE

Para quen poida interesar, comezo un obradoiro literario dirixido a profesores e profesoras, en Ourense. É de balde ata que se enchan as prazas. O obxectivo é ofrecer ferramentas para fomentar a escrita literaria na aula. E ademais, escribir. Escribir moito. E pasalo ben coa palabra. Toda a información aquí.

CON EDUARDO

23rd Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CON EDUARDO

Contra a metade do serán recibín, por vía dun xornalista, a nova de que ao poeta Eduardo Estévez viñan de retirarlle o premio de poesía González Garcés, que lle deran en Maio, por mor da impugnación que o escritor Xavier Lama, que quedara finalista, fixo argumentando que parte dos poemas xa se puideran ler no […]

UNHA BOA NOVA PARA OS MEUS AFOGADOS

22nd Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en UNHA BOA NOVA PARA OS MEUS AFOGADOS

Hoxe recibín con ledicia a nova que informa de que o meu libro O Ceo dos Afogados, que no seu día foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia, vén de resultar finalista do premio Martín Sarmiento, como xa dixen unha vez ( gañeino hai un par de anos por Un bosque cheo de faias ), […]

OS TÍMIDOS ESCRIBIMOS

21st Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS TÍMIDOS ESCRIBIMOS

Hoxe El País publica unha entrevista moi interesante co dramaturgo e expresidente checo Václav Havel. Entre outras cousas, di que como é tímido, o teatro permítelle agocharse tras dos seus personaxes. Iso, coido, a cada día teño máis claro, cando menos no meu caso, facémolo todos. Escribimos de nós. E escribimos por pura timidez. O […]

O GALEGO É FINO, O CASTELÁN É DE BRUTOS

20th Setembro 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en O GALEGO É FINO, O CASTELÁN É DE BRUTOS

Hoxe entendín, viaxando nun bus de Vigo ( os famosos “vitrasas” ) que non levan razón todos eses que din que o galego é lingua de pobres, de marulos e de xente ignorante, e que o castelán (sobre todo, seica, o de Zevilla ) é máis fino. Porque estaba eu alí, de pé, no Vitrasa, […]