Archive for Agosto, 2008

INFECTAR

18th Agosto 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en INFECTAR

Levo moitos anos mantendo, neste blog e en cantos foros me permiten ( e non son nada orixinal na argumentación ) que para fomentar de verdade a lectura o que hai é que contaxiar, infectar aos cativos/as desde a enfermidade lectora dos adultos/as. Se os meus fillos ven todo o tempo que ao longo do […]

EN DEFENSA DA LUCIDEZ

17th Agosto 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en EN DEFENSA DA LUCIDEZ

No medio de toda esta tolería que montaron os apocalípticos e pouco integrados e manifestantes de linguas birollas en común, o que atopamos ata o de agora é moito exhabrupto e pouca argumentación. Eles lanzaron-berraron-cuspiron o seu “argumento”: ¡o castelán morre!, ¡e morre por culpa dos defensores do galego, éuscaro e catalán que queren impoñer […]

IGUAL COMETÍN UNHA BARBARIDADE

16th Agosto 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en IGUAL COMETÍN UNHA BARBARIDADE

Esta mañá, ao mercar o xornal, atopei esta nova: ‘Peter Pan’, ‘Blancanieves’ y ‘Cenicienta’, detenidos en EE UU por altercados. Xa non pasei do titular. É a confirmación de que non hai barreiras entre a ficción e a realidade. Tres personaxes que eu coidaba da literatura, tal e como viña redactado ese titular, seica existían […]

DESPOIS DE MEIRÁS, PAMBRE

15th Agosto 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en DESPOIS DE MEIRÁS, PAMBRE

Hai uns meses alguén ben informado e que viña de ler o meu As palabras da néboa, díxomo: están deixando que se caia a cachos o castelo de Pambre. Sae na novela e por iso lle chamou a atención. Literalmente: que se cae. Agora, os medios dan conta de que ese castelo, o único que […]

SHERLOCK E HOUSE

14th Agosto 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en SHERLOCK E HOUSE

Hai un tempo comentei aquí unha nova curiosa relacionada con Sherlock Holmes. Daquela non contei que o personaxe creado por Conan Doyle é o que máis veces se adaptou ao cine. Dalgunha maneira, é lóxico, porque para os que gustan ( e son milleiros ) da trama detectivesca no cinema ou na literatura, Sherlock Holmes […]

CINE, TELEVISIÓN, VIDEOCONSOLAS. LITERATURA

11th Agosto 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CINE, TELEVISIÓN, VIDEOCONSOLAS. LITERATURA

Un dos escritores, para min, máis interesantes do momento, Michel Houellebecq ( na foto ) e do que xa falei hai unha chea de tempo neste blog presenta a súa película, A posibilidade dunha illa, feita sobre a súa propia novela do mesmo título. Será no festival de cine de Lucarno, onde outro director, Chuck […]

UNHA MALA NOVA PARA A LIBERDADE

10th Agosto 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en UNHA MALA NOVA PARA A LIBERDADE

En relación co que denunciabamos hai un par de días ( e non son o único, hoxe o escritor Álvaro Otero asina un magnífico artigo no Faro de Vigo ), leo que unha editorial vén de tomar a decisión de retirar unha novela por temor ao radicalismo islámico. O título é The jewell of Medina, […]

ERÓTICA DA LECTURA

8th Agosto 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en ERÓTICA DA LECTURA

Este si que é un artigo para fomentar a lectura.

É A ÚLTIMA VEZ QUE ESCRIBO SOBRE ISTO.

8th Agosto 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en É A ÚLTIMA VEZ QUE ESCRIBO SOBRE ISTO.

Mañá darán comezo oficialmente os Xogos Olímpicos na China. Levo dando a matraca co asunto desde hai moitos anos, cando se anunciou que serían eles os organizadores da edición do 2008. Protestei en cantos foros me deixaron. Mais esta, prometo, será a derradeira. Mañá comeza un dos espectáculos máis fermosos a nivel deportivo do planeta […]

OS BISPOS NON ENTENDEN GALEGO

7th Agosto 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS BISPOS NON ENTENDEN GALEGO

Hoxe a prensa dá conta de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obriga a readmitir a unha xornalista da COPE despedida, entre outros motivos, por estar casada cunha muller e por ter traballado para o BNG. A cousa, en si mesma, é inconcibible, pero moito máis o é o feito de que os […]