Archive for Xullo, 2008

XUVENTUDE INQUEDA

19th Xullo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en XUVENTUDE INQUEDA

Hoxe levei a un grupo de cativos ao I Mundialito Antiracista organizado por un mollo de rapazas e rapaces do meu barrio ( Teis, en Vigo ), coa idea de ter durante un par de días, sen interrupción, xogando a xente de todas as idades, equipos mixtos de nenos e nenas e homes e mulleres, […]

VERÁN

18th Xullo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en VERÁN

Apagarei todas as luces. Pecharei todos os ollos. Cortarei comunicacións. Aparcarei urxencias. Renunciarei a case que todo. Deitarei a epiderme ao sol e as súas melancolías. Abrirei todos os libros. Mergullado nun mar de letras, serei o mellor eu.

ASÍ NACEU, EN PARTE, A MIÑA ISABEL DE PORTUGAL

17th Xullo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en ASÍ NACEU, EN PARTE, A MIÑA ISABEL DE PORTUGAL

De sempre admirei a música, pero sobre todo as letras, de Manolo García. Desde que estaba con Los Burros pasando por El Último de la Fila e todo o seu traballo en solitario. Ao mellor as letras son tan boas porque se confesa apaixonado lector, e porque cando sae de xira, en troques de coma […]

A MIRADA. O TALENTO

16th Xullo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en A MIRADA. O TALENTO

Hoxe tiven a sorte de impartir un Obradoiro Literario dentro dun Curso de Verán da Universidade de Santiago e que se celebra estes días no MACUF na Coruña, dirixido formidablemente polo escritor Xosé Antón Neira Cruz, e que levou por título, A mirada literaria. Comunicar arte a través da palabra. A sesión estaba inserida dentro […]

ORTIGUEIRA 2008

14th Xullo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en ORTIGUEIRA 2008

Deixei estes días desatentido este blog, porque marchei, como noutros anos, ao Festival de Ortigueira. Alí gocei da música, sempre engaiolante, entre outros, de Sondeseu ( na foto ). Volvín – e estaba moi necesitado – coas pilas cargadas, novamente alucinado da festa caótica, libertaria, de acampadas inverosímiles, de xentes felices unidas arredor da música, […]

PIRATAS

9th Xullo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en PIRATAS

Hai tempo souben dun curioso fenómeno que se dá en moitas rúas das grandes cidades de latinoamérica. Refírome a que en países como Colombia, Venezuela ou Perú hai libros no top-manta, e autores como García Márquez ou Vargas Llosa poden ir paseando e de súpeto ver edicións piratas dos seus propios textos á venda por […]

QUE MAL FALAN OS POLÍTICOS DE HOXE

7th Xullo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en QUE MAL FALAN OS POLÍTICOS DE HOXE

Todos os que algunha vez teñan oído un discurso de Salvador Allende decataranse de dúas cousas: que foi un dos grandes oradores da política de todos os tempos, co seu verbo fermoso, e que os políticos de hoxe en día falan fatal. Non hai nin un só que nos cautive co seu dicir, o seu […]

LINGUA COMÚN

6th Xullo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en LINGUA COMÚN

Prometinme a min mesmo que non diría nada sobre o asunto da “lengua común”. Pero non podo ficar calado. Aínda que tampouco vou pararme moito a argumentar porque, entre outras cousas, iso implicaría ter que concederlles que están a moverse no plano do racional. E non é o caso. Só direi que quen mantén os […]

SUSPENSE

5th Xullo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en SUSPENSE

Leo que por fin vai saír a novela inacabada de Joseph Conrad. Leva por título Suspense e era na que andaba mergullado cando morreu, no ano 1924. Sae na editorial Funambulista. É unha boa nova. Lembro o pracer intenso que sentín cando lin O corazón das tebras, para moitos, unha das mellores obras literarias de […]

CHURCHILL NUNCA EXISTIU. ELEMENTAL

4th Xullo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CHURCHILL NUNCA EXISTIU. ELEMENTAL

Algunha que outra vez dixen que unha das mellores sensacións que pode ter un escritor é que os seus personaxes terminen tendo vida propia fóra das súas obras. Iso acontece en moi poucas ocasións. Pero ás veces pasa e hai quen pensa que os personaxes das novelas realmente existiron, que foron de verdade. Mais o […]