CUNQUEIRO ENTRE COLECTORES DE LIXO

Posted by franciscocastro - 29/07/08 at 11:07 p.m.

Hai un par de meses xa falei deste asunto. Agora, volvo porque o pasado domingo La Voz de Galicia ilustraba unha reportaxe sobre outro tema, cunha foto da famosa estatua de Cunqueiro en Mondoñedo. Ao seu carón, parasoles de xeados e un colector de lixo, definitivo e atroz.
Xa podía aparecerse por alí a Fadamorgana e a Xenebra e, xuntas, lanzarlle un meigallo ao concello en pleno por permitir a aldraxe e, de paso, a todos os gobernanciños desta terra nosa que non saben – nin lles importa – da importancia de coidar os símbolos.

Os comentarios están pechados.