FACERSE A CIRURXÍA LINGÜÍSTICO-ESTÉTICA

Posted by franciscocastro - 28/07/08 at 11:07 p.m.

Escoito, con abraio, con incredulidade, con alucine, con vergonza, con carraxe, con medo, que en España de cada vez se dán máis casos de inmigrantes que se operan para “parecer máis europeos”.
A cousa, en si mesma, é triste.
E calquera persoa que teña dúas neuronas e lle funcionen estará de acordo comigo en que o asunto dá mágoa e que é terrible que a xente renuncie á súa identidade, que non sinta orgullo de ser quen é, da súa orixe, da súa patria sentimental, étnica, cultural.
Vale.
Agora apliquen todo o anterior ao asunto lingüístico, en especial, a aqueles que rexeitan o galego ou o acento de nós e pretenden falar como os señoritos de Madrid.
Despois, respondan: ¿a que ou a quen quererán parecerse?, ¿coidarán que son feos, que están peor feitos, que falan máis bruto?

Os comentarios están pechados.