Archive for Xuño, 2008

QUE NON MORRA

15th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en QUE NON MORRA

Todos os escritores soñamos con construir, algunha vez, un personaxe inmorrente, un tipo de persoa que, posta no papel, traspase a fronteira desexada e pase ao territorio do mítico, un personaxe que sexa tan de verdade ( aínda que falso, porque é literatura ) que chegue a prender tanto nos lectores que non sexan quen […]

LER PARA VOLVER Á INFANCIA

14th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en LER PARA VOLVER Á INFANCIA

Por rematar coa entrevista con Umberto Eco á que lle estou a zugar tanto zume, podía ser interesante reflexionarmos sobre esta súa afirmación, cando menos, curiosa: quizá sea éste el motivo por el cual escribo, para encontrar estos momentos muy breves de felicidad que consisten en recordar momentos de la propia infancia. Sí, por eso […]

UNHA HISTORIA TRISTE

13th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en UNHA HISTORIA TRISTE

Esta tarde, baixo do sol inclemente de Vigo, marchaba eu cargadísimo con máis bolsas cheas do Gadis das que as miñas costas poden aguantar, cando se deu esa típica, pero non menos molesta situación, na que non podes seguir camiñando porque un can se pon no teu camiño. O problema, por suposto, non era del, […]

AS AVOAS E OS AVÓS COMO TRANSMISORES DO HÁBITO LECTOR

12th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en AS AVOAS E OS AVÓS COMO TRANSMISORES DO HÁBITO LECTOR

Por seguir tirándolle zume á entrevista con Umberto Eco que levamos días comentando, é interesante que reproduzamos esta resposta do italiano: Mi relación más estrecha fue con mi abuela materna, que fue la que me inició en la literatura. Era una mujer sin cultura alguna, creo que hizo cinco años de primaria, pero tenía pasión […]

UNHA PREGUNTIÑA: ¿ E TI POR QUE TES UN BLOG?

11th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en UNHA PREGUNTIÑA: ¿ E TI POR QUE TES UN BLOG?

Foi Gabriel García Márquez quen dixo iso de que el escribía para que o quixeran máis. Algunha vez, neste blog náufrago, dáseme por facervos preguntas. A de hoxe é moi clara: ¿e ti por que tes un blog?, ¿para que te queran máis?, ¿para dicir o que ninguén quere oír?, ¿o que todos queren oír?, […]

QUERO Á SEÑORITA BELLINI

10th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en QUERO Á SEÑORITA BELLINI

Da entrevista que hai uns días comentaba con Umberto Eco, hai unha frase definitiva. Pregúntanlle sobre os seus primeiros profesores. Copio: tuve una educadora fabulosa, aunque tan sólo durante un año; era la señorita Bellini, que todavía vive, tiene 91 años, y cada vez que sale un libro mío nuevo se lo envío. Era una […]

RESISTINDO

9th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en RESISTINDO

Gostei moitísimo deste artigo da crítica e escritora Laura Caveiro en A Nosa Terra de hai unha semana, falando con paixón do programa Libro Aberto, da TVG, agora, como xa sabedes, nun horario aínda peor que o que xa tiña. Eu tamén amo ese programa. Polo que ten de símbolo e porque está ben feito […]

O TAMAÑO DA SINATURA

8th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en O TAMAÑO DA SINATURA

Leo en El País ( a prensa de Madrid si informa, e en detalle, todos os días do que pasa na Feira da capital de España ) o comentario dun editor en español que sinala que un autor grande asina arredor de 150 exemplares alí nun día, e que un normaliño, sobre cincuenta. A algúns […]

EN GALEGO TAMÉN SE PODE RIFAR

7th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en EN GALEGO TAMÉN SE PODE RIFAR

Este serán, nunha tenda de roupa de Vigo, asistín á demostración empírica, e terrible, de que é certo que estamos a perder falantes e que, probablemente, o único que podemos facer é botarnos a tremer e a chorar. Dúas irmás ( tal debían ser, polas idades ) falaban entre elas, sobre unha blusa, nun fermoso […]

CA-CA-CA

5th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CA-CA-CA

Esta mañá, na COPE, un coñecido xornalista dicía que a persecución que o español estaba a padecer no espazo público é similar á que hai anos tiñan que sentir os negros en Alabama. Como estaba espertando ( ía no coche e pasaba por alí, por esa emisora, quero dicir ), fixen un esforzo por entender […]