O FALLO FOI UN FALLO

Posted by franciscocastro - 21/06/08 at 11:06 p.m.

Déronlle ao Google o Príncipe de Asturias. Desta vez, o fallo foi un fallo.
O tópico di que eses galardóns teñen case que tanta importancia coma o Nóbel. Xa que logo, entendemos que a xente ou institucións que son premiadas é porque hai práctica unanimidade arredor dos seus méritos.
Neste caso hai motivos para disentir.
Premiaron a Google, unha empresa que, para entrar no mercado da China, aceptou facelo desde a censura, é dicir, desde a mentira. Así, se un chinés ou unha chinesa poñen no Google, desde a propia China, “matanza de Tiannamen” ou “democracia” ou cousas polo estilo, o galardoado Google, o premiado Google, o asturiano Google diralles iso, tan democrático de Page Nof Found, ou sexa, que te aguantas e non ves isto, disidente, e ollo, que che vai aparecer, coa colaboración do Google, a policía pola porta en calquera instante deste olímpico ( outra vergoña ) ano.
O fallo foi un fallo.

Os comentarios están pechados.