O INSTINTO BÁSICO DA DOCUMENTACIÓN

Posted by franciscocastro - 16/06/08 at 11:06 p.m.


Teño unha certa debilidade por ver películas nas que o protagonista ou algún deles son escritores. Debe de ser algo relacionado coa deformación profesional. O que non recordaba é que a infumable Instinto Básico ( vina na estrea, saíndo da adolescencia, e a noite pasada, só o final, na tele ), non me acordaba, dicía, de que a protagonista – Sharon Stone – era unha novelista. De certo que non o lembraba, moi probablemente porque, cando a vin por vez primeira estaba máis pendente de… digamos… outro tipo de detalles.
Rin un cacho para min mesmo ao escoitar a idea que teñen os estadounidenses sobre o que é a documentación no traballo do novelista. A Stone pásase toda a película deitándose co poli “para documentarse para a súa novela”, e ten o comportamento sexualmente exaltado que ten porque “necesita datos”.
Eu sabía que a fase de documentación á hora de escribir unha novela é importante. Pero nunca se me deu por esta caste de metodoloxías.
Haberá que ir adaptándose a esas técnicas.

Os comentarios están pechados.