Archive for Xuño, 2008

LINGUA DE REIS E POETAS

30th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en LINGUA DE REIS E POETAS

Ese é o título do meu artigo-brincadeira deste mes en A Nosa Terra.

NOSTALXIA ( SEGUNDA PARTE )

26th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en NOSTALXIA ( SEGUNDA PARTE )

Nostalxia tamén, do intensos que eran os sabores. Saír da escola ( unitaria: oitenta nenos ou así desde “parvulitos” a oitavo de EXB ) da señorita Mary, e ir ao mercado, ao posto da miña nai, e pedirlle un duro, cinco pesetas de nada, e ir á de Concha, a “lechería”, que así era como […]

NOSTALXIA ( PRIMEIRA PARTE )

25th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en NOSTALXIA ( PRIMEIRA PARTE )

Leo que hai trinta anos da estrea de Grease. Chamádeme nostalxico. Tanto me ten. Non podo deixar de ver a película de cada vez que a pasan pola tele. Na casa ódianme porque non só a vexo, senón que ademais vou contándoa, anticipando esceas que, de tan repetidas, xa todos saben. Mais eu fágoo igual. […]

CHOVE PARA QUE EU SOÑE

24th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CHOVE PARA QUE EU SOÑE

Un dos meus grandes praceres diarios é ir camiñando moi de vagar ao traballo. Gusto de sentir a friaxe da mañá, de cruzarme máis ou menos coa mesma xente cada día. Poño un auricular nunha orella, soa a música, vou cantando, en baixiño, para min. Un pracer sinxelo. Hoxe, chegando á fin do meu camiño, […]

CERVANTES GUAPA

22nd Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CERVANTES GUAPA

Hoxe pasei por diante da antiga librería Cervantes de Vigo. Para os que sodes desta miña cidade xa sabedes todo o que significou e a importancia que desde sempre e durante décadas tivo para miles de vigueses ata que pechou hai aproximadamente un ano. Para os que sodes de fóra, de certo que en cada […]

O FALLO FOI UN FALLO

21st Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en O FALLO FOI UN FALLO

Déronlle ao Google o Príncipe de Asturias. Desta vez, o fallo foi un fallo. O tópico di que eses galardóns teñen case que tanta importancia coma o Nóbel. Xa que logo, entendemos que a xente ou institucións que son premiadas é porque hai práctica unanimidade arredor dos seus méritos. Neste caso hai motivos para disentir. […]

LIBROS DE PAPEL versus LIBROS ELECTRÓNICOS

20th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en LIBROS DE PAPEL versus LIBROS ELECTRÓNICOS

Hai ben de tempo que tiña gañas de ligar aquí este meu blog con este artigo do sempre lúcido e claro José Antonio Millán. E tiña gañas de facelo porque coido que a súa posición – equilibrada e ecuánime – é a que no fondo explica mellor que ningunha outra o que vai ser e […]

COMO MUDARON OS TEMPOS

19th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en COMO MUDARON OS TEMPOS

Antonte, como todos os anos, acodín a un colexio de primaria, público, no que estudou o meu fillo maior, a facer cos de 6º un cativo, pero intenso, obradoiro de poesía. Marchei a iso da media mañá todo cheíño de ledicia polo ben que saíra todo e polo ben que cando menos eu, o pasara […]

FANNY AGUIRRE

17th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en FANNY AGUIRRE

Seica Esperanza Aguirre conseguiu que Telemadrid non emitira as imaxes nas que, digamos, perdía os nervios diante dunhas manifestantes o outro día. Deulle – din – por censurar ( probablemente os xornalistas desa súa canle soportan a peor das censuras: a autocensura ou a censura preventiva ) e o que conseguiu, precisamente, foi que todas […]

O INSTINTO BÁSICO DA DOCUMENTACIÓN

16th Xuño 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en O INSTINTO BÁSICO DA DOCUMENTACIÓN

Teño unha certa debilidade por ver películas nas que o protagonista ou algún deles son escritores. Debe de ser algo relacionado coa deformación profesional. O que non recordaba é que a infumable Instinto Básico ( vina na estrea, saíndo da adolescencia, e a noite pasada, só o final, na tele ), non me acordaba, dicía, […]