Archive for Maio, 2008

CASAR COS LIBROS

14th Maio 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CASAR COS LIBROS

E despois haberá quen diga que a televisión non fomenta a lectura. Fato de ingratos. Mirade o que vén de saír: O libro máis esperado do ano.

LOST GIRLS

13th Maio 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en LOST GIRLS

Un bo exercicio literario é imaxinar que pasou coa Carrapuchiña cando medrou, ou que foi de Hansel e Gretel unha vez independizados e adultos. Imaxinalo e escribilo. Máis ou menos o mesmo que veñen de facer Alan Moore e Melinda Gebbie ( marido e muller; escritor e debuxante ) que veñen de preguntarse máis ou […]

UNHA LITERATURA XUBILADA

12th Maio 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en UNHA LITERATURA XUBILADA

Aí atrás lía unhas declaracións do poeta Antonio Gamoneda nas que explicaba que se xubilara aos 62 anos para poder dedicarse integramente ao que de verdade lle enche a vida de paixón: escribir. Sei de algúns escritores de nós que pensan igual. E así é como nos vemos moitos: cando xubilados, en troques de ir […]

¿COMO QUE NON SE PODE VIVIR BEN DA LITERATURA?

10th Maio 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿COMO QUE NON SE PODE VIVIR BEN DA LITERATURA?

Lin hai uns días por aí, e anotei a cantidade para que non se me esquecese, que Roberto Begnini declarou á facenda italiana que os seus aforros elévanse a 3.580.995 euros. A día de hoxe, dedícase, desde hai anos, a recitar A Divina Comedia polas prazas e teatros do seu país. Como non reparte dereitos […]

A POESÍA E O NARIZ

8th Maio 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en A POESÍA E O NARIZ

Onte falei da poesía e os embigos. Hoxe toca falar da poesía e o nariz. Dicía Nietzsche que o seu particular xeito de ver as cousas víñalle non da razón, senón do nariz. E que a pituitaria tiña que ser a parte de nós coa que facer filosofía. Eu quedo coa de Cyrano de Bergerac, […]

A POESÍA E OS EMBIGOS

7th Maio 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en A POESÍA E OS EMBIGOS

Estes días atrás lin moito sobre o santuario de Delfos. Entre outras cousas aprendín que alí, como o santuario estaba adicado a Apolo, deus da profecía pero tamén da poesía, os gregos honraban aos poetas gregos máis importantes. Entre outros, Homero tiña alí unha estatua. Aprendín tamén que no mundo heleno todo o mundo, máis […]

A LITERATURA APAIXONANTE

4th Maio 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en A LITERATURA APAIXONANTE

Volvendo sobre o que falaba onte, atopo hoxe un artigo en El País de Mario Vargas Llosa. O certo é que non o aturo, como escritor, quero dicir, nin de novelas nin como articulista, pero deste seu traballo de hoxe, hai unha frase que quero salientar. Fala do xornalismo, e di que despois da literatura […]

QUE FAGAN O QUE LLES GUSTA

3rd Maio 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en QUE FAGAN O QUE LLES GUSTA

Hoxe vin unha entrevista na televisión con Dustin Hoffman. Respondía ás preguntas duns estudantes de arte dramática. Preguntábanlle sobre a profesión, como preparar un papel e cousas así. Contra o final, unha rapaza explicoulle que tiña medo de seguir adiante con eses estudos porque era moi difícil vivir diso e que sería máis lóxico estudar […]

GRAZAS

2nd Maio 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en GRAZAS

Este post é só para dar as grazas.

A PINTADA DO 1º DE MAIO

1st Maio 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en A PINTADA DO 1º DE MAIO

Hoxe volvía para casa algo tristeiro reflexionando como a cada día que pasa o 1º de Maio vai perdendo forza como xornada reivindicativa. Forges resumiuno á perfección hoxe en El País. E cando xa non esperaba nada, moi preto da miña casa atopei unha pintada asinada por ninguén, sen referencia política de ningunha clase, sen […]