FALANDO POR MIN MESMA

Posted by franciscocastro - 25/05/08 at 11:05 p.m.


Velaí o título do libro que vén de publicar Cherie Blair ( Speaking for Myself ). O seu mérito, xa saben, contar as cousas que viu e escoitou cando era a primeira dama do Reino Unido ao carón do seu home, xa recordan, aquel heroe das Azores.
Calquera día Ana Botella fai outro tanto. Hai moito que as une.
Sobre isto, editorializa hoxe El País: Cherie Blair acaba de publicar su autobiografía, Speaking for Myself (Hablando por mí misma). Ha cobrado por ellas un adelanto de 500.000 libras (635.000 euros). Por una tarea de unos meses ha obtenido lo que un obrero británico que cobre el salario mínimo -una situación más frecuente de lo que se imagina- tardaría 43 años en ganar, trabajando 40 horas a la semana.
Interesante. 635.000 euros son algo máis de cen millóns das pesetas de antes. Iso como anticipo. Di o editorial do xornal que un obreiro inglés precisaría 43 anos de traballo para gañar iso. Pois engado que a un escritor en lingua galega, para conseguir iso en concepto de dereitos de autor, non lle chegaría toda unha vida.

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 ResponsesFALANDO POR MIN MESMA to “”

  1. mencía says:
    Maio 26th, 2008 at 10:35 p.m.

    ¡Meu deus, coa de cousas interesantes que podería contar eu (ou calquera), nunha autobiografía desas…!
    mira ti que cen millóns de pesetas tan mal ubica#blgtk08#dos,
    Pero tes razón ¿Canto tardaría un escritor en lingua galega en gañar iso? non lle vou contar isto a miña irmá senon maréase jajaja.
    Apertas.

  2. náufrago says:
    Maio 26th, 2008 at 10:44 p.m.

    Ademais, non creo que a Cherie estea tan necesit#blgtk08#ade de cartiños como para que lle dean tanto…