COMO SE TOCA DESDE DENTRO DUNHA COVA

Posted by franciscocastro - 22/05/08 at 12:05 a.m.


Seica hai enorme polémica porque os responsables de argallar a programación de concertos no verán na Coruña rexeitaron a contratación de Bob Dylan, entre outros motivos, “porque non ofrece espectáculo” ( iso soa a futbolista ) e porque “toca de espaldas”.
En fin. Alíviame saber que á miña cidade si vai vir, e que vou poder disfrutar de Dylan, cante de costas ou non, en Vigo.
É un mito. É parte da cultura de nós no senso máis amplo da expresión. Sen el non entenderiamos algunhas das músicas que viñeron dos sesenta en diante. O seu influxo, na literatura, está máis que claro ( eterno candidato ao Nobel ).
En fin, que veña. E como se canta desde dentro dunha cova.
Eu, dylanita, irei igual.

Os comentarios están pechados.