MILLÓNS DE DRAGÓNS

Posted by franciscocastro - 20/04/08 at 11:04 p.m.

Como se fose o acontecemento literario do século, fálase en todas partes do lanzamento (un millón de exemplares na primeira edición: para marearse ) do novo libro de Carlos Ruíz Zafón.
Paréceme, despois de ler algunhas respostas, un tipo intelixente.
Esta nova historia arrasará no mercado despois do éxito de La sombra del viento. No seu día xa o dixen: non me gustou nada.
Será que estou a volverme vello pois, millóns de exemplares vendidos no mundo enteiro comezan a facerme pensar que igual o problema téñoo eu, que non souben ver onde residía a xenialidade.

Os comentarios están pechados.