Archive for Abril, 2008

CELSO EMILIO: UN CLÁSICO

30th Abril 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en CELSO EMILIO: UN CLÁSICO

Máis de unha e de dúas veces dixen que Celso Emilio Ferreiro é un dos autores que máis quero e admiro. Pregúntome, moitas veces, que fai a xente indo a procurar poetas por aí cando temos un tan inmenso entre nós e falando de nós e coma nós. Teño recitado os seus poemas de amor […]

LETRAS NOVAS

27th Abril 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en LETRAS NOVAS

Velaí o título dunha interesante publicación que vén de poñer na rúa a Asociación de Escritores en Lingua Galega a partir dos traballos que durante meses moitos escritor@s moi noviñ@s, e outros que xa non o somos tanto, fomos publicando no xornal Infoxove que auspicia a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. O máis curioso […]

EU SON O PADRIÑO ( VELAQUÍ AS MIÑAS AFILLADAS )

24th Abril 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en EU SON O PADRIÑO ( VELAQUÍ AS MIÑAS AFILLADAS )

Si, eu son o padriño. Pero non o da película de Coppola, senón, por petición das súas autoras, Marta e Patricia, do seu blog: Falsirego en-cuent[r]os . Xa vos falara destas fantásticas mulleres o outro día: rapazas non galegas pero que estudan galego en Salamanca e que non entenden como os de aquí somos quen […]

¿SEICA NUNCA IMOS ABRIR O DEBATE?

23rd Abril 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿SEICA NUNCA IMOS ABRIR O DEBATE?

Xa sei que todos os anos estou, coma un prosma cíclico, coa mesma teima. Que hai que darlle unha volta ao Día das Letras Galegas. Que tal e como a temos non nos leva a nada. Que a xente pasa de todo e marcha á praia. Que non é dabondo só con poñer as portadas […]

MILLÓNS DE DRAGÓNS

20th Abril 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en MILLÓNS DE DRAGÓNS

Como se fose o acontecemento literario do século, fálase en todas partes do lanzamento (un millón de exemplares na primeira edición: para marearse ) do novo libro de Carlos Ruíz Zafón. Paréceme, despois de ler algunhas respostas, un tipo intelixente. Esta nova historia arrasará no mercado despois do éxito de La sombra del viento. No […]

A POESÍA PARA SEDUCIR

19th Abril 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en A POESÍA PARA SEDUCIR

Agora, sábado á noite, paso por Spiderman 2 na tele. Un científico, antes de se converter no malo malísimo – Octopus – dálle un consello a Peter Parker – Spiderman – sobre as mulleres e o amor: Se de verdade queres namorar unha muller, dálles poesía. Nunca falla. En O carteiro e Pablo Neruda, Beatrice […]

GALEGO EN E FÓRA DE GALICIA

18th Abril 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en GALEGO EN E FÓRA DE GALICIA

A mesa redonda en Salamanca estivo moi ben. Anxos Sumai e O Leo brillaron coma sempre. Eu fixen o que puiden. En calquera caso, foi un pracer enorme ver alí tanto alumnado de galego de fóra de Galicia. Xente non galega interesada en aprender a nosa lingua e saber da nosa literatura. Tralo acto, digamos, […]

MAÑÁ EN SALAMANCA

15th Abril 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en MAÑÁ EN SALAMANCA

Como xa informei, mañá mércores estarei en Salamanca convidado pola Universidade, concretamente polo Seminario de Galego e Portugués para, na compaña de Anxos Sumai e O Leo, falarmos do tema Literatura e Internet: algunos proyectos y tendencias actuales en las letras gallegas, que así é como di no cartel que nos remitiron. Será ás 19.00 […]

TE HAI QUE SABER IDIOMAS

14th Abril 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en TE HAI QUE SABER IDIOMAS

O domingo tiven que procurar unha farmacia de garda a primeiras horas da mañá. Nada serio, non vos preocupedes. Cando por fin cheguei a unha das que estaban abertas, tiven que esperar a que me tocase mentres eran atendidos dous velliños que falaban en inglés. Cando dixeron iso de How much? ou sexa, canto é, […]

PESADOS

12th Abril 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en PESADOS

Un ano máis toca aturar na televisión, na radio, na prensa ( tamén na galega ) que en Zevilla están de Feria de Abril, y que bonita es mi Triana y olé y olé y que vivan los toros.Un tende a preguntarse por que por exemplo no telexornal da primeira, ou sexa, de La 1 […]