Archive for Marzo, 2008

E DESPOIS DIN QUE NON EXISTEN AS COINCIDENCIAS

17th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en E DESPOIS DIN QUE NON EXISTEN AS COINCIDENCIAS

Comezo o día divertido. A prensa informa de que vén de saír ao mercado, editado por RBA, unha novela escrita por Joshua Ferris e que leva por título Entonces llegamos al final. A obra está entre as 10 mellores do 2007 para o suplemento de libros do New York Times. Fala do mundo da empresa […]

POR QUE ESCRIBO

16th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en POR QUE ESCRIBO

O escritor, como o filósofo, interrógase sobre o seu traballo, todo o tempo: por que escribo. Hai moitas respostas. Tantas como escritores. Velaquí a miña: eu escribo para vivir doutro xeito. Escribo. E ao facelo, estou xa moi lonxe.

VIZOSOS

16th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en VIZOSOS

Hoxe en El País, o escritor cubano Antonio Orlando Rodríguez escribe un fermoso artigo titulado Yo, el vicioso. Fálanos aí do seu amor ás bibliotecas e aos libros. Un vicio que compartimos moitos e que, fronte a outros vicios que é mellor calar, deste gústanos ter fachenda, porque no fondo, confiamos no seu contaxio, non […]

MAÑÁ NA POBRA DO CARAMIÑAL

12th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en MAÑÁ NA POBRA DO CARAMIÑAL

Como xa anunciei hai uns días, mañá xoves, nunha librería da Pobra, de fermosísimo nome, Ler, presentaremos As Palabras da Néboa ás 20.30h. Procuraremos as palabras para que fuxa a néboa. E para que chegue a luz. Esa que tanto precisamos.

UNHAS PALABRAS SOBRE A VERDADEIRA CRÍTICA LITERARIA

11th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en UNHAS PALABRAS SOBRE A VERDADEIRA CRÍTICA LITERARIA

Este é o título do meu artigo de onte en A Nosa Terra Diario.

PAPÁ, ¿QUE É UNHA BIBLIOTECA?

9th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en PAPÁ, ¿QUE É UNHA BIBLIOTECA?

O domingo polo serán, estaba sentado vendo esa irreverencia algo esaxerada pero curiosa que é Padre de Familia. Peter levaba ao seu fillo Chris a unha biblioteca. Antes de entrar, o rapaz pregúntalle ao pai: – Papá, ¿que es una biblioteca? – Un lugar a donde van los sintecho a afeitarse y a hacer de […]

ROSALÍA ERA MULLER

8th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en ROSALÍA ERA MULLER

Hoxe, día de reflexión ( tan necesaria, visto que case que ninguén reflexiona: a palabra sempre perde fronte da violencia ) é tamén o Día da Muller. Xa que logo, traio hoxe aquí a Rosalía de Castro, que era muller. E, coma as de hoxe, dabondo desprezada como explicarei. Hai uns días, o profesor Marcos […]

PRESENTACIÓN DE AS PALABRAS DA NÉBOA NA POBRA DO CARAMIÑAL

5th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en PRESENTACIÓN DE AS PALABRAS DA NÉBOA NA POBRA DO CARAMIÑAL

O vindeiro xoves 13 de marzo, ás 20.30 horas, na librería Ler da Pobra do Caramiñal faremos a presentación de As palabras da néboa, Premio García Barros 2007. Terei a sorte de estar acompañado polo Director Xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, pola amiga e escritora María Xesús López e polo amigo e escritor […]

O ESCRITOR INDEPENDENTE, MOLESTA

4th Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en O ESCRITOR INDEPENDENTE, MOLESTA

Non ten desperdicio a conversa que os escritores colombianos Laura Restrepo e Fernando Vallejo mantiveron en El País o pasado domingo. Destaco unhas frases reveladoras coas que concordo por completo. Di Laura Restrepo que hai que manter sempre a independencia do poder á hora de escribir, e que “non hai nada peor que a literatura […]

IDEOLOXÍA

3rd Marzo 2008 by franciscocastro Comentarios desactivados en IDEOLOXÍA

No instante no que redacto este post, ZP e o da Niña comezan o seu segundo debate. Sen velo, sei que a conclusión é esta. Así que, mellor, prefiro que sigamos xogando.