SER MÁIS

Posted by franciscocastro - 30/03/08 at 11:03 p.m.


Hoxe en El País hai unha interesante entrevista co académico da española, Francisco Rico.
Nun determinado instante da mesma, di algo moi atinado sobre o feito de ler: “La gran ventaja de la lectura s que te permite ser pícaro y villano. Yo soy a veces Eichmann y otras un judío de Auschwitz”.
Coido que iso é algo que imos buscando moitas veces ao ler: ser outros.
Poucas actividades poden facer tanto dun xeito tan simple.

Os comentarios están pechados.