AGORA ( ¡¡¡O CASTELÁN AMEAZADO??? )

Posted by franciscocastro - 25/03/08 at 06:03 p.m.

Esta mañá escoitei unha entrevista con Carlos Mejía Godoy, seguro que o lembrades, aquel de Son tus perjúmenes mujer ( tus pechos…. tus pechos cántaros de miel, etc… ) que aledou a nosa infancia.
Nun determinado instante, explicou que en Nicaragua hai lugares onde se falan palabras das linguas que trouxeron os colonizadores, e que era moi común escoitar a palabra agora.
Freei en seco. Estarrecido. E pensei: como se enteren uns que sei eu, dirán que o castelán e os dereitos dos castelán falantes están ameazados por culpa do galego… tamén en Nicaragua.

Os comentarios están pechados.